Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

41119

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A nena ten un verxel
Acubillado nos pés…
É d’abundancia unha mostra
Que no mundo pode haber
Se a sorte ven de cara
Cando chegue a muller.

_Teño mazáns vermellas,
Coloradiñas de pel.
Levo de San Xoán as peras…
Qué doces, saben a mel.!!
Decía a nena sentada
Nese trono da nenez
Ónde calquera cousa é posible;
Mesmo que o mundo sexa un verxel.

. Amali@DR.

“Coloradiñas de pel” 2019

Óleo sobre lenzo de Amali@DR.

 

Hai un fado que se arrola
Nos meus labios.
Un ocaso cos teus sonos
Debuxado.
Filigranas ao compás
Dos nosos pasos…
En Lisboa fermosura:
O noso abraço.

Amali@DR.

” Abraço” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Esperta dun sono durmido
O Castro celta de Cerdido,
No cumio do paseo fluvial
Que acompaña a soidá do Río.
Entre carballos e abeleiras
Vai cara o seu destino,
Cara a inmensidade salgada
Que o colma de acariños.
Río Pontellas voume contigo.!!!

Amali@DR. 2019

Foto de Turismo de Galicia.

Cíngueme coa túa luz…
A que pare alboradas
E fai trazos indelebles
No ronsel de sombras,
Velo da miña faciana;
Cando ti estás ausente…
Esa ausencia que se palpa!!

Texe con fíos d’ouro
Solpores de púrpura esenza
Con arumes de menta e lavanda,
E déixame ser paxariño
No fulgor das túas ramas;
Pois ti es a árbore de luz
Que as miñas sombras apaga.

Amali@DR.

” Paxaro nas túas ramas” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.
Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Nada das fauces dun neboeiro
Alumeante…
Ascua dun ocaso que durme
A longa noite
Dos corpos á deriva, abafantes.
Puxéronche de nome ” Lúa”
Tódolos mares;
Para cinguir o teu reflexo
Nunha aperta que nunca
Acabe.

Amali@DR.

” De nome Lúa” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Outono… sei que me amas!!
No delirio das túas ramas,
Espidas para vestir
D’ouro vello as pegadas
Do meu andar pausado,
Pola beirarrúa mollada.

Choiva de arces vermellos
Que debuxan filigranas;
E no medio un corazón,
Un te quero de nostalxia,
Que é morriña na soidá
Da miña alma aletargada.

Feble o seu latexo de ninfa
Dos regatos e das fragas.
Outono… Sei que me amas!!
Cando debuxas un te quero
D’ouro vello e filigranas
Na beirarrúa mollada.

Amali@DR.

” Sei que me amas” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Funme no ar do vento
Fugaz coma un pensamento;
Da roseira recendo,
Que se perde no inverno
E volta no mes de abril.

E funme da man do tempo,
Abnegado compañeiro,
Que tira sempre de min
Cara ao infindo denso
Ónde os minutos non teñen fin.

Amali@DR.

” Cara o infindo denso” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Chove mainamente, con dozura…
Con ese murmurio quedo
Da chuvia miúda que acariña
A pel de seda das folliñas
Que perviven no xardín.

Non hai vento, nin brisa…
Nada se move nin respira.
Hai unha paz que se palpa,
Mesmo se amosa espida;
Da miña ialma ao carón.

Neboeiros d’azul tinxidos
No que o Sol fai o seus niños
Para alumear os carreiros,
Meandros nos outeiros
Os que te traen de volta Amor.!!

Amali@DR.

” Chuvia miúda” 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

É a senda que percorre as vidas
E separa das nosas augas as orillas.
Namentras nos apertan as montanas,
Púrpura e pétreo reflexo que se instala
Na líquida esenza, que discorre polas veas
Dos nosos mares a deriva, pola fenda
Que nos rompe sen medida,
E separa das nosas augas as orillas

Amali@DR. 2019

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

Serán os meu sonos
Silente melodía
De aleteos insondables,
Plenilunios discordantes
E rumores que foron
Recendo no día…
Con ese vaguear difuso
Das horas, dos minutos;
As verbas, os andares,
Os recelos e sorrisos
E as notas discordantes.

Amali@DR.

” Plenilunios discordantes”

Foto de Amalia Diaz Rodriguez.

En idioma Galego….

Ser facho que alumea,
A cadencia da marea
E algún canto de serea
Na soidá do pantalán

Mergullarme no segredo
Da túa aperta salgada
Na quietude dun serán…
Morriñento, outonal

Bogar cara ao Norte sideral
Na procura de feixes d’estrelas
Na noite callada delas,
E acubillalas no teu Mar.

Ser facho, abrente, posta…
O que ti queres que sexa,
Por esa aperta salgada
Na quietude do teu lar.

Amali@DR.

“Feixes d’estrelas” 2019

En idioma Castellano…

Ser faro que ilumina,
De la marea la cadencia
Y algún canto de sirena,
Del muelle en soledad.

Sumergirme en el secreto
De tu salobre abrazo,
En la quietud de la tarde…
Melancólica, otoñal.

Navegar al norte sideral
Recolectando estrellas;
Cuajada la noche plena.
Y resguardarlas en tu Mar.

Ser luz, alba, ocaso…
Lo que tú quieras que sea,
Por ese salobre abrazo
En la quietud de tu paz.

Amali@DR.

Puñados d’estrellas 2019