AEROBITCH -Os concertos de Radio 3 (RTVE) – Madrid 1998 – Enteiro
Aerobitch 1997 local de ensaio
Foto da man de Rodolfo Gomez
KILL FOR AEROBITCH!
MATARE PRO AEROBITCH!
Aerobitch comezaron no 1994 facendo un punk rock cru e primitivo, misturando nas súas cancións letras agresivas con guitarras rápidas, sucintas e potentes.
Un primeiro EP partillado con Frogger, do que os membros de ámbolos bandas da que é preferíbel esquecerse, deu paso a gravacións con máis calidade de som pro o mesmo de brutais nas súas formulacións.
Pouco despois intervenhen na banda sonora do filme Killer Barbies e nun tributo a Angry Samoans, amais de publicar nun selo de seu (Punch Récords) un EP partillado cos tamén madrilenhos Fast Food, banda co que tinhan membros comúns por aquil entón.
No decembro do 96 viu a lus o seu primeiro álbum «C’mon Cop Make My Day» en Rumble Récords: quince cuspinhazos do punk rock máis salvaxe que acolleronse con afervoamento pola crítica especializada. O disco sorprendeu a tódolos que o escoitaron e abriulles un oco entre as bandas máis prometedores do Punk rock estatal.
KILL FOR AEROBITCH!
MATARE PRO AEROBITCH!
C’mon Cop, Make My Day
Vinilo 10″
(Punch Records,2021)
A1 Drink It All
A2 Shut Up
A3 Stivie
A4 My Little Drummer
A5 (You) Wanna Be So Punk
A6 Her Name Was Jane
A7 Same Kind Of Scum
B1 Don’t Ask For More
B2 Shoot’ Em All
B3 Selfdestruct
B4 Sid
B5 Gettin’ Bored
B6 I’m A Bug
B7 You Talkin’ To Me?
B8 Sit On My Face
Xa no 98 publicaron un EP partillado cos californiáns Loudmouths (Punch) e o 10″ «13 Steps to Hell» tamén partillado, iste con Puñetazo (No Tomorrow).
13 Steps To Hell
Vinilo 10″
(No Tomorrow,1998)
Aerobitch
01 – You
02 – Go To Hell!
03 – Oh Yeah!
04 – 666
05 – Angel Dust
06 – Orgasmatron
07 – Electrocute Your Cock
Puñetazo
01 – Pression Situation
02 – I`m Everything
03 – Country Gay
04 – Trunkball
05 – Runaway Home
06 – Let`s Go!
Despois de trocar alghúns membros da súa line up (membros da banda) novo batería e novo baixista, Aerobitch seguiu colleitando moi boas críticas, o que, vencellado a unha boa manchea de concertos (entre iles no Festimad 98), estendeuse a fama da banda no noso país.
Mentres entanto, comezaron a facerse un cativo nome na escea punk internacional: sairon nun recompilatorio do selo alemá Radioblast e a revista OX e noutro do fanzine arxentino No Sabe No Contesta, publicaron o dito EPpartillado cos norteamericáns Loudmouths, entrevistados pola revista grega The Thing (aparecendo no seu CD) e recibiron moi boas recensións da man da crítica especializada estranxeira (Maximum RNR, Sonic Iguana, Plastic Bomb, The Thing, Dig It, KALX radio…)
A formación transformouse nun quinteto pouco denantes de gravar o seu segundo LP «Time to Start Kickin’ Ass“, dezaseis cancións (17 no vinilo) que reflectían o traballo de dous anos e as inxentes ganhas de tocare da banda. Unha vez máis se reconhece o peso dalgúns dos seus máis importantes referentes (Dwarves, Adolescents, Motörhead, Circle Jerks, Heartbreakers…) aínda que a companaxación e precisión ganhada co alicerce de moito concertos permitiu reflectir novas influencias de bandas que sempre lles gostaran (Poison Idea, Nine Pound Hammer, AC/DC) e que ata o de agora non apareceran abofé nos seus temas. De novo, cancións directas, compactas, salvaxes e moi boas.
Time To Start Kickin’ Ass
Vinilo / CD
(Punch Records,2021)
A1 – Hey Jimmy
A2 – Queen Of Rock’n’Roll
A3 – How Many Times
A4 – Do It Right
A5 – Steamroller Blues
A6 – This Is Killing Me
A7 – Gotta Go
A8 – Run Them Over
B1 – Heil Satan
B2 – Never Thought
B3 – Any Price
B4 – Don’t Like You
B5 – You’re Gonna Die
B6 – She’s The Master
B7 – The Wrong Road
B8 – Taken By Surprise
B9 – Bowling Alley
A banda lanzouse á estrada pra dar a conhecer por tódala nosa xeografía o seu novo traballo e o seu caralludo directo. Éxito de crítica e público: os concertos enchíanse e o disco votouse en varias publicacións (Rock Sound, Popular 1…) coma un dos mellores do 98. No novembro dese ano chamaronnos por Radio 3 pra gravar un concerto botado pola segunda cadea estatal.
A banda chegaba cada vez a maior cantidade de público, o que levou a Punch a reeditar, en formato 10″, o seu primeiro álbum, que soamente saíra en CD. E fóra das nosas fronteiras non permaneceron alleos á progresión da banda, que publicou senllos EPs nos selos Intensive Scare (norteamericán) e Beluga (sueco) e participou, entre outros, no recompilatorio do selo americano Fat Wreck Chords «Short Music for Short People».
Todo iso provocou que, no xullo do 99, realizasen con grande éxito unha pequena xeira europea que percorreu cidades de Franza, Bélxica e Alemanha. Coma froito desa xeira, Aerobitch gravou o 10″/Mcd «An Urge to Play Loud» pra o selo alemá People Like You e entrevistaronnos por prestixiosas publicacións estranxeiras coma a americana Hit List ou a alemá Rock Hard.
O disco recibiu críticas senlleiros e a popularidade da banda na Europa medrou notabelmente, e Aerobitch envorcouse entón na gravación do seu terceiro álbum: «Steamrollin”. Nel a banda condensou con mestría os mellores componhentes dos seus anteriores discos pra entregar ao mundo un traballo máis sucinto, poderoso, duro e intenso co que amosaron que o mellor Punk Rock’n’Roll non é patrimonio de seu das bandas norteamericáns ou escandinavas.
Unha nova xeira Europea, cunha fantástica acollida, precedio ao lanzamento do que sería o seu derradeiro LP. Pouco despois, coincidindo coa saída á venda de «Steamrollin’», produciuse un novo troco de batería que atrasou a xira de presentación do disco.
Steamrollin’
Vinilo / CD
(Punch Records,2000)
A1 – Automatic Rock
A2 – This Situation
A3 – Be Pleased
A4 – You Wanna Know
A5 – Go Faster
A6 – No Choice
A7 – Time To Fight
B1 – I Can Do What You Want
B2 – Let It Go
B3 – Should Have Known
B4 – Nobody Told Me
B5 – The Demon Inside
B6 – I Don’t Care
B7 – Raise The Devil
Estos empezos, tensións nos adentros da banda e imprevistos persoais e de familia remataron crevando a moral de Laura Bitch, vocalista, que comunicou aos catro membros restantes que deixaba Aerobitch. O resto da banda inmediatamente decidiu o seu disolució.
Uns meses despois, tras rematar tódolos concertos pendentes, Aerobitch daba o seu derradeiro directo nun concerto de adeus na sala Gruta 77 de Madrid. Foi o 8 de xunho de 2001.
MÁIS INFO DE AEROBITCH
Bio de Aerobitch en LaFonoteca














