Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A Comisión Aberta en Defensa do Común, que conta co apoio de 70 entidades, organiza unha acampada reivindicativa-festiva diante da Autoridade Portuaria (na avenida da Mariña) para o venres, 21 de abril e sábado, 22 de abril.

Como é preceptivo, e cumprindo a lexislación sobre o dereito de reunión, a Comisión xa notificou a celebración deste acto á Delegación do Goberno e á Policía Local (xa sabedes que en democracia non hai que pedir permiso para exercer un dereito e só hai que notificar).

A acampada ten como obxectivo esixir á Autoridade Portuaria-Ministerio de Fomento a devolución gratuíta ao concello da Coruña dos terreos da Solana e hotel Finisterre, así como dos terreos dos peiraos que quedan liberados de uso portuario polo seu traslado ao porto exterior de Punta Langosteira. A Comisión Aberta en Defensa do Común considera que este porto exterior e os accesos son unha obra do Estado, que é quen debe financialos e asumir as débedas da Autoridade Portuaria.

Xa están comprometidas a participación de 20 tendas de distintos colectivos e persoas. Se queres participar na acampada, podes comunicar o número de tendas e persoas a:

teléfono: 669516097 ou a: comisiondefensadocomun@gmail.com

A instalación das tendas comezará o venres ás 17 horas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Venres, 21 de abril

19 horas. Inauguración oficial da acampada e actuación do grupo de música tradicional da Asociación de Veciños do Agra do Orzán. Entre outras cancións, haberá unha dedicada ao ministro de Fomento.

20 horas. Recital de poemas polo colectivo literario In Nave Civitas

20,30 horas. Actuación dun grupo de pandereteiras.

Sábado, 22 de abril

11 horas. Mesa de recollida de sinaturas.

12 horas. Roteiro explicativo desde a Autoridade Portuaria até o castelo de San Antón, dirixido polo arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez, da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio da UDC, para recuperar a memoria histórica desa zona.

13 horas. Actuación musical do grupo formado por Xosé Taboada, Paco Campos e José Luis Yepes.

13,30 Acto de clausura.

14 horas. Levantamento da acampada

monge Manuel Monge sempre en loita.