https://www.facebook.com/abelgarciapantinescritor
UNHA DAS RÚAS ONDE ABEL FAI DE GUERRILLEIRO UNDER
O escritor underground do Abel escribe en castelán, tamén ten obra en galego.
Eiquí temos as creacións en lingua castelá de Abel García Pantín
traducidas a lingua galega / lingua proletaria da man do Rubem Novo
Calquera gralla na tradución e da man do Rubem Novo
Queredes ler a obra de Abel na lingua castela entrade no seu Facebook
AS BOMBAS DE HIDROXENO QUE ABEL ESPALLA POLAS RÚAS
OUTRO DOS REIN@S NO SUL DAS HESPANHAS ONDE ABEL ESPALLA POESÍA, LITERATURA E VERBAS.
Cousas que me gostan mais non mais si mais non (III):
Os animais atropelados.
As lumeiradas.
As parellas berrándose pola rúa.
O vento afuracanado, a mar axitada, as treboadas eléctricas.
Os cans perigosos atemorizándome.
Que méntenme desvergonhadamente
—
As cousas que viran e tenhen luzes de cores.
Os ionquis correndo e berrando.
O café túrbido, a xente túrbida, os ambentes túrbidos.
Os atoamentos do tráfico.
Que os trens fiquen parados por horas.
Os sitios ateigados de xente.
Os atentados terroristas.
Os neons.
As burbullas de xabrón.
Xantar do lixo.
Erguer sospeitas.
Provocar un receo abstracta.
O sentimento de ciúmes.
A tensión no corpo durante e despois dunha boa rifa.
As ideacións suicidas.
Xogar co lume e ao remate queimarme.




