A SANTA BIBLIA
(Segundo anaco)
O novo testamento inclúe os livros atinentes á vida, ministerio, morte e resurreción de Xesucristo, así coma os eventos do cristianismo do século I.
A orde que apresentan non se atinxe coa súa cronoloxía, sendo os máis antigos as cartas de Pablo de Tarso (50-60), seguido de Marcos (65-70), Máteo (70-80), Lucas (75-85), Feitos dos apóstolos (80-90), Xoán, cartas de Xoán, Xudas, e Apocalipse (90-100).
Non se poden deslear os feitos narrados nos evanxeos da situación política que vivía Xudea naquil tempo. A inquedanza producida pola ocupación romana remataría por estralar nunha revolución zelota. Os conflitos internos derivarían na execución sumaria da aristocracia xudea colaboracionista (saduceos) a mans dos rebeldes, e a posterior guerra contra os romanos (66-70 d.C.). Todo se resolvería coa derrota xudea, nunha masacre sen parangón así coma a destrución total de Xerusalén e o seu Templo. Comezaría entón a segunda diáspora do pobo xudeu.
Xoán o Bautista, Xesús de Nazaret e Pablo de Tarso anunciaron o fin decontado dos tempos. A primeira comunidade cristiá vivía coa urxencia dista idea. Só coa pegada dos anos e despois da guerra, finado o Templo, así coma da patria xudea, escribiranse os evanxeos.
Pra Pablo, Xesús é o Salvador de todos os homes, e isto é o único que lle importa da súa vida. Co seu sacrificio na cruz permitiu que todos poidamos salvarnos despois da morte mediante o arrepentimento dos nosos pecados. Os evanxeos escribiranse centrados nista idea, non en contarnos coma era nin coma vivía Xesús. Som o relato da súa paixón, morte e resurreción, cun limiar que nos predisponhe a entendelo.
A forma en que se contan os feitos parece unha crónica verdadeira, mais non o é. Do mesmo xeito que a Ilíada acurta a un ano unha guerra que durou dez, os evanxeos acurtan a unha semana o que quizabes durou varios meses. É a forma con que antigamente se contaban as historias pra facelas máis comprensíbeis.
Fondas análises textuais, históricas e lingüísticas dan coma froito que todos os evanxeos e as cartas editáronse: engadíronselles finais, interpolacións e supresións. O texto enteiro máis antigo que se conhece é do 300-325 d.C., aínda que hai un anaco moi pequeno do Evanxeo de Xoán do 90-100 d.C.
Coa pegada dos séculos, o cristianismo desvirtuou a súa mensaxe orixinal, sendo a causa de grandes males que conseguiron que moita xente abomine da relixión.
Hoxe en dia, cando se fala de Xesús de Nazaret, é raro que non se faga mención do filme “A vida de Brian” pra, de seguido, postular que todo é unha patranha sen alicerce histórico. Sen entrar nin saír a avaliar o humor dos Monty Python, dicir que, a día de hoxe, non hai ningún exéxeta —por moi ateo que sexa— que negue a existenza do Xesús histórico. Se fose unha invención, a personaxe non presentaría tantas contradicións, nin se decataría o esgotador esforzo por disimulalas. Doutra banda, Xesús non dixo nada orixinal. Absolutamente todas as súas mensaxes xa estaban no paganismo, aínda que con outras verbas e, iso si, nunca na boca dun só individuo.
TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
ESCRITA PRO PEPE CHAS
A SANTA BIBLIA (PRIMEIRO ANACO) PRO PEPE CHAS
A SANTA BIBLIA (Primeiro anaco) pro Pepe Chas – Empuje.net
DE ESQUERDA A DEREITA
PEPE CHAS “CRIMINAL DAS VERBAS” AUTOR DAS RESECCIÓNS DE A SANTA BIBLIA
RUBEM NOVO TRADUTOR AO GALEGO CEIVE (GZC) DA ESCRITA DO PEPE CHAS SOBOR A SANTA BIBLIA
(CALQUER ERRO, FALLA, HIPERGALEGUISMO, HIPERENXEBRISMO, GALEGO CEIVE E INVENTOS DAS VERBAS COMA CRIMES DA ORTOGRAFÍA ORTODOXA CULPÁBEL E CONFESO RUBEM NOVO COMA RESPONSÁBEL DA ACIO)
FOTO AUTOFEITA POLO PEPE CHAS A CARÓN DO BAR HUMOR, RÚA FLORIDA DE A CIDADE ESTADO DE A CRUNHA GALIZA