Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A SANTA BIBLIA
(Primeiro anaco)
A Biblia é un conxunto de libros canónicos que o cristianismo e outras relixións consideran de inspiración divina, e onde está rexistrada a relación da humanidade con Deus ao longo dos tempos. Ten dous anacos: o Antigo Testamento e o Novo Testamento.

O primeiro contén escritas sacras do xudaísmo pro o seu número e composición varía, sendo 46 livros na versión da Igrexa católica, 39 na protestante e 51 na da Igrexa ortodoxa. No caso dos xudeus é máis complicado.
O que os cristiáns chaman Antigo Testamento, os xudeus conhéceno coma Tanaj ou Mikrá, e componse de 24 libros divididos en tres grupos destintos: Torá (a Lei), Neviim (os Profetas) e Ketuvim (os escritos ou sapienciais).
A Torá (Pentateuco pra os cristiáns e Ao-Tawrat pra os musulmáns) som os cinco primeiros livros: Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio. Istes constitúen o fundamento principal da relixión así coma o patrimonio identitario do pobo xudeu.

Aínda que todos os personaxes do Xénese (Adán e Eva, Noé, Abraham, Isaac, Xacob e Xosé) som mitolóxicos, iste pensamento non colle —ou non ten que coller—no conflito coa fe. Poren, outra cousa é Moisés (protagonista do Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio),achado o profeta máis importante do xudaísmo, ceivador do seu povo, e encomendado por Deus de levar a lei escreta e a lei orai, codificada na Mishná no século III/III d. C.

O caso é que fóra da Torá non hai ningún rexistro da súa existenza nin do da pegada do povo xudeu polo Exipto, algo estrano tendo en conta a cantidade de información que hai desa época no imperio dos faraóns. Doutra banda, recentes achados arqueolóxicos en Xerusalén puxeron de manifesto que xa había unha cidade denantes da suposta fundación dos xudeus, e non é estrano; posta na encrucillada dos grandes roteiros comerciais (seda, incenso, marfil e ferro), constituía o axis mundi da antigüidade.

.Pra o xudaísmo, A Torá foi escreta por Moisés no século XIII a.C. Logo —segundo contan en livros posteriores— perdeuse no 586 a.C. coa conquista de Nabucodonosor e a destrución de Templo de Salomón. Condeados ao exilio na Babilonia, o povo xudeu non ceivouse ata o 539 a.C. por Ciro II o Grande, fundador do Imperio Aqueménida, que lles permitiu voltar a Xerusalén e reconstruír o Templo. É entón, entre as ruínhas, cando aparece a Torá soterrada. Esta historia refutouse pola maioría de expertos en ciencias bíblicas, que cren que os livros som produto do cativerio, baseados en fontes escretas e tradicións orais máis temperás, e que se completou con revisións finais durante o período posterior ao exilio.
O Neviim pensouse pra recoller a outros Profetas maiores (Xosué, Samuel, Isaías, Xeremías e Ezequiel) e menores (Oseas, Xoel, Amós, Abdías, Xonás, etc.) e contare a historia dos primeiros reis xudeus.

O Ketuvim foi unha especie de caixón de estragos que inclúe os Salmos, Proverbios, o Cantar dos Cantares, Xob e outros escretos pertencentes á tradición.
Todos istes livros, orixinalmente escritos no hebreo, e moitos en verso, o que, ademais de embelecer a escrita, era doada a súa memorización e garantía a súa integridade. Ocorre que coa primeira diáspora, moitos xudeus non voltaron a Israel, e cos anos remataron esquecendo o hebreo. Pra iles traduciuse unha versión ao grego koiné, idioma franco da antigüidade. Esta é a conhecida coma Biblia Setuaxinta, porque se dicía que na súa tradución traballaran uns setenta sabios xudeus. O certo é que non foi un proceso único e centralizado, senón heteroxéneo e amodo (entre 200 e 300 anos). Tampouco foi unha tradución literal. A influenza da filosofía grega ollase nun Deus máis benevolente e vindeiro ao antropomorfismo.

Haberá unha terceira versión católica, chamada Vulgata, traducida ao latín por San Xerónimo no 382 d.C. collendo a Setuaxinta coma alicerce. As concepcións platónicas e aristotélicas influirían no desenvolvemento do pensamento teolóxico cristiá, entendendo a Deus coma único, eterno e inmutábel. Amais agora non será só un principio filosófico abstracto, senón que se revelará ativamente á humanidade ao través da Trindade e a figura de Xesucristo. A Igrexa Católica usará esta versión durante 1000 anos.
A súa leitura é unha das experiencias máis gratificantes que conhezo; non en balde é o livro máis editado, publicado, traducido e espallado na historia da humanidade. A súa influenza e espallamento ao longo dos séculos é incomparábel. A escrita transcendeu o seu valor relixioso, sendo tamén un anaco fundamental do acervo literario, cultural e artístico.

TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO

ESCRITA PRO PEPE CHAS

A SANTA BIBLIA (SEGUNDO ANACO) PRO PEPE CHAS

A SANTA BIBLIA (SEGUNDO ANACO) PRO PEPE CHAS – Empuje.net

DE ESQUERDA A DEREITA

PEPE CHAS “CRIMINAL DAS VERBAS” AUTOR DAS RESECCIÓNS DE A SANTA BIBLIA

RUBEM NOVO TRADUTOR AO GALEGO CEIVE (GZC) DA ESCRITA DO PEPE CHAS SOBOR A SANTA BIBLIA

(CALQUER ERRO, FALLA, HIPERGALEGUISMO, HIPERENXEBRISMO, GALEGO CEIVE E INVENTOS DAS VERBAS COMA CRIMES DA ORTOGRAFÍA ORTODOXA CULPÁBEL E CONFESO RUBEM NOVO COMA RESPONSÁBEL DA ACIO)

 

FOTO AUTOFEITA POLO PEPE CHAS A CARÓN DO BAR HUMOR, RÚA FLORIDA DE A CIDADE ESTADO DE A CRUNHA GALIZA