A PEGADA
(Idioma castelán)
Andrew Wyke (Laurence Olivier) é un prestixioso escritor de novelas de intriga. Amais, a súa paixón polos xogos de enxenho e as adivinhas levouno a converter a súa grande mansión nunha especie de museo, onde se exponhen os xoguetes e mecanismos máis extravagantes. Unha tarde, convida á súa casa a Milo Tindle (Michael Caine), amante da súa muller e propietario dunha cadea de salóns de beleza, pra proponherlle un enxenhoso plan do que ámbolos dous poderían saír beneficiados.

