Entre eses dous libros van 41 anos, son libros que fixemos entre Pepe Barro e mais eu.
Os textos escribinos eu, as cubertas, que permanecen nas nosas imaxinacións, fíxoas el. Tamén houbo quen fixo a edición, quen o distribuíu, quen o puxo no escaparate (moi pouca xente), quen o leu e o recomendou (máis xente)…
Mais entre eses dous libros hai unha amizade e unha colaboración. A audacia daquela primeira capa de “Caixón desastre” xa era unha aposta pola aventura. Que non pare. Este día 13 seique a editorial serve o libro nas librarías, espero que futuros libros en colaboración sigan a chegar en anos futuros (sidioloquere…)