O próximo mércores 30, ás 19.30, presentamos no noso local o caderno Políticas públicas da memoria na Galiza, a terceira das obras que compón a colección de Ideas Impresas. Trátase dun caderno de análise no que o seu autor, Luís Bará Torres, fai un repaso das políticas de memoria histórica postas en marcha no país nos últimos anos e a través do cal reivindica a necesidade dunha recuperación real da memoria histórica.
No acto estará acompañado por María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda e Carlos Babío, investigador e coautor da obra Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio.
As persoas que asistan a esta presentación recibirán de agasallo este caderno publicado pola Fundación Galiza Sempre.
Para poder asistir cómpre inscribirse enviando cuberto o seguinte formulario:
PREME NA LIGAZÓN (Páxina da A.C ALEXANDRE BÓVEDA)
Presentación do caderno “Políticas públicas da memoria na Galiza”