Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

2naFronteira

Carmen Penim (voz)

Maurizio Polsinelli (piano e harmonio)

Formado no ano 2008

Discografía anterior: Publicado en Italia o primeiro disco “Humo en los ojos”

 

Breve curriculum do dúo

 

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira dende o 2008. No 2011 publican en Italia o disco “Humo en los ojos” (piano e voz), que vén recoller parte do traballo de composición que fixeran naqueles anos, principalmente en torno a poemas de Carmen e de poetas en lingua española. O disco contiña xa tamén dous temas orixinais en galego.

 Dende hai algúns anos están inmersos na composición de músicas para poesía en galego, tanto clásica como de poetas actuais. Entre os seus traballos de composición destaca a musicalización de Seis poemas gallegos de García Lorca, ou a de extractos de Cantares Gallegos de Rosalía, así como tamén de poemas do poeta portugués Fernando Pessoa. Sen esquecer outros nomes como Paz Andrade, Celso Emilio, Curros ou Rivas. Proxectos todos eles representados no último traballo: Alma. Neste disco introducen o harmonio, que xa vén sendo nos últimos anos, a carón do piano, un elemento imprescindible nos seus concertos e que entronca con sonoridades antigas e tradicionais de Galicia.

Actualmente están traballando con Otero Pedrayo, Miro Villar, Helena Villar e estrearon recentemente un novo tema propio tamén na letra para voz e harmonio: “A Rosa do Couto Mixto”.

A principal característica do dúo é a perfecta unión entre unha elevada calidade técnica e unha grande paixón interpretativa que non deixa indiferente. Unido isto a unhas melodías que van dende a música culta á tradicional e que se encontran á perfección cos textos elexidos.

Carmen estudou en Santiago Filoloxía e doctorouse pola Uned en Educación. Publicou o seu libro de poesías Cambio versos por champán no 2010 (Torremozas).  Conta tamén con numerosas publicacións científicas e didácticas. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no  2011 empezou os seus estudos de canto e didáctica do canto no método jazz Crossover. Como compositora e intérprete, o seu primeiro disco foi “Humo en los ojos”.

Maurizio realizou os seus estudos de Filoloxía en Roma, e os de piano no conservatorio de Santa Cecilia da mesma cidade. Compositor que colabora en diversos proxectos musicais e teatrais, lidera ademáis o grupo romano Pane co que tén xa editados tres discos. Intervén habitualmente en radios e tv italianas. Destaca o seu eclecticismo e versatilidade musical, ó lado dunha elevada calidade técnica.

D I S C O 

ALMA, gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío. Pódese ver e escoitar unha canción do disco en http://www.youtube.com/watch?v=IOCuU2SR6Zs
O disco contén 12 temas orixinais de Carmen Penim na música e aranxos musicais de Maurizio, con textos de: Paz Andrade, Pessoa, García Lorca, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Rivas e Alfonso Láuzara. Ademáis contén o tema “Nana do Couto Mixto” orixinal de Carmen tamén na letra.

O disco foi producido por 2naFronteira produzioni, e o deseño gráfico correu a cargo de Stabelimenti 12.

Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.

Poderáse mercar nas principais tendas de discos e no Corte Inglés e na Fnac.

O disco recolle o traballo de composición musical dos últimos dous anos, incluíndo tamén temas inéditos nos escenarios, como os de Pessoa e a “Nana do Couto Mixto”, que foi estreada só recentemente no acto de nomeamento dos novos xuíces honorarios do 2013. Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García Lorca forman parte do proxecto Federico García Lorca, amando en galego, musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas de Fernando Pessoa forman parte asimesmo  dun traballo de musicalización de seis poemas do poeta portugués. O disco reflexa o gran amor de Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego. Ademais do que tén de expresión artística, pretende contribuir cun grau de area á difusión da lingua e a cultura galegas. Musicalmente, supón unha expresión absolutamente libre e variada, indo dos ritmos máis populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas ó mundo culto como en “Catrvium da mapoula”.

Algúns dos temas do disco pódense escoitar na páxina do dúo www.2nafronteira.com e no canle de youtube http://www.youtube.com/user/solo2musica

C o n t a c t o

mail: 2nafronteira@gmail.com

Telf: 986164615 e 699845312