FOTO DA MAN DE https://www.laizquierdadiario.com.uy/
Ano 1993, eu tinha 19 anos, no eido do Metal de A Crunha chega unha grande nova: METALLICA tocada no Madrid. A banda de Thrash metal de Santo Francisco zoupan os metaleiros do mundo-terra coa lus no 1991 do “Black Album” dende os seus comezos no 1983 co álbum “Kill ‘Em All”
Os metaleiros norteamericáns chegan a década dos anos 90 do século XXI co seu novo disco
“Black Album” o seu quinto vinilo / CD.
Cunha carreira musical, na que discos coma: “Kill ‘Em All”, “Ride The Lighting”, “Masters Of Puppets, “And Justice For All”… erguen a Metallica o primeiro posto no mundo da música Metal. “Black Album” fai que a infestación Metallica chegue o mundo do Rock en xeral e a tódolo mundo. Xornais, revistas musicais, televisións… alumean o mundo coas novas da banda.
Nados no maior dos Undergrounds, Metallica chegan o éxito, reconhecemento, popularidade, todo o mundo fala diles, ao comezo da década dos anos 90.
No 1993, unha Santa Companha de metaleiros crunheses chega a Madrid, nun vieiro que achéganos a vecinhanza de Vallecas e o Estadio do Rayo Vallecano (lostrego vallecano) onde The Cult e Suicidal Tendencias saen as táboas denantes dos Metallica. Nun ano 1993, ca os Metallica levan dous anos de xeira.
The Cult roquean vinte minutos, coa penha sen facer acaecemento deles; os británicos liscan das táboas sen adeus. Suicidal Tendencies som outra cousa, o seu Hardcore-Metal- Punk Crosover toma os miolos do publico e o pogo asulaga o estadio da equipa de Vallecas (El Rayito, o dicir dos poboadores de Vallecas) eiquí tedes a gravazom do tema dos Suicidal Tendencias, unha canción senlleira, e de certo o seu tema mais conhecido “You Can Bring me Down”
PREME NA LIGAZOM
https://www.facebook.com/menstruality/videos/907017490515505
Suicidal Tendencies -You Can´t Bring Me Down
Estadio do Rayo Vallecano (lostrego vallecano)
MADRID
1993
E unha cousa decote nos concertos dos SUICIDAL que o seu cantante Mike Muir, chamado por moitos tolo, inestábel, psicótico, posuído polas Furias (Erinias ou Euménides, encarnaban vinganza e o castigo divino na Mitoloxía grega. As chamadas furias som tres irmas: Alecto, Megera e Tisífone).
Muir, atopou uns fans dispostos o rebumbio e o balbordo. neste eido e onde Mike Muir da o mellor de se mesmo nas táboas.
SUICIDAL TENDENCIES, californiáns cunha orixe na Venecia dos USA Venice, levan dende 1980 espallando o seu Metal crossover thrash. Cuns músicos chicanos, hispanos, negros, toda unha banda mestiza que fan unha mistura filla de achego do metal. Punk, Thrash, Crossover metaleiro e fortes polas de Funk metal.
Tiveron unha inmensa acollida pola xente, que botou, chimpou, rúxoo cos de Mike Muir, que máis que voz dos SUICIDAL é SUICIDAL, coa súa personalidade estrana, a súa furia, os seus “speech” o persoal, sen Mike Muir non existen SUICIDAL TENDENCIES.
E chegou o momento, METALLICA nas táboas, som Metal, escuridade, forza… un mare de mancheas no alto, cornos, axitando a testas, tolería metaleira, a pista do estadio de Vallecas é un mare de metaleiros que coma ondas, van pra adiante, botándose pra atrás, enriba, abaixo… unha treboada de corpos, cabeleiras, coiro, cintos metaleiros.
Cancións do “Black Album” coma “Enter Sandman”, “The Unforgiven”, “Sad but true”, a carón de “Creeping death”, “Whiplash”, “Masters of puppets”, “Fade to black”… pra os METALLICA, unha tocada máis e os que endexamais os ollaron nas táboas un concerto senlleiro.
Neste 1993, METALLICA, están no cumio do seu poderío, coma o vexo eu, mais dende 1991 (publicación de “Black Album”) comezara o grande conflito pra algúns “Black Album” é un disco comercial; e moitos renegan da banda que esta no cumio do Metal.
Outros, “Black Album” é un grande, grande álbum… NON HAI ACORDO.
A cousa chegara a unha ESCISIÓN nos siaeiros dos Metallica, cando, a xeira “Black Album” chega o remate, a banda publica o dobre ao vivo “Live Shit” gravado na cidade de México e despois os de Santo Francisco lanzan o mercado, nun prazo de dous ano, dous novos discos “Load” e “reload”
“Isto non é Metal é Hard Rock” berran moitos, moitos dos seus fans. Ata datas recentes Metallica pasan por unha etapa horríbel. O BERRO: METALLICA MORRERON.
“Load”, “Reload”, “St. Anger”… Metallica viven dende a publicación de “Load” desprezo, aldraxes, xa non som METALLI´FUCKIN´CA. No 2008 chega a “vinganza” dos metaleiros da Bay Area (baia de Santo Francisco) tamén chamada Bay Area Trash o eido do que xurde o Thrash Metal, lembremos que o primeiro disco de Thrash Metal o publicou a banda Exodus da Bay Area, e o seu guitarrista Kirk Hammet, deixou Exodus para tocar cos Metallica.
2008 chega o mundo metaleiro “Death Magnetic” un disco onde os Metallica misturan o Metal co som Hardcore, cousa nova pra iles, e a música dos Metallica sobe coma unhas boas accións e reforzan isto, uns anos despois, co disco “Hardwired… to Self-Destruct”
Agora mesmo, Metallica SOM… unha banda histórica do Metal, unha empresa musical, unha corporación, unha multinacional. Pensa o que queras, fixeron o que fixeron, agora som o que ti queras, dálle o xerolo.
RUBEM NOVO
https://www.facebook.com/ruben.novo.3
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.laizquierdadiario.com.uy/

