Este domingo 25 de Agosto celebrarase no municipio da Capela a XXXIV Festa do Requeixo.
Comezan os actos ás 11.00 horas coa apertura da feira, o pasacalles, talleres e xogos infantís. Ás 12:30 horas oficiarase a misa e a continuación darase lectura ao pregón, sendo a sesión vermú amenizada por Lenda Ártabra ás 13:30 horas.
Á tarde haberá xogos tradicionais e ginkanas. Ás 17.00 horas levarase a cabo unha charla sobre Denominación de Orixe Protexida e degustación de queixos. Ás 17.30 horas animarán a festa Os Viqueiras. Ás 19.30 horas pechará o grupo Encrucillada.
UNHA ACHEGA DE