Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

XV Concurso de Maquetas Cuac FM

A banda coruñesa Ánima foi elexida como gañadora da XV Edición do Concurso de Maquetas celebrada o pasado sábado 12, ainda que non houbo unanimidade no xurado e varios dos seus compoñentes optaban por The Younger Boys como mellor banda, que finalmente obtivo o segundo premio.

A Sala Mardi gras acolleu unha vez máis a final do concurso que organiza a radio comunitaria coruñesa con 1.500 euros en premios. Nesta ocasión o cheo fue absoluto e quedou xente fora da sala. A cita a completaba HEXANY que foi elexida como Mellor Banda local polos socios da radio que emite dende a Zapateira no 103.4 do dial.

A cita completouse cunha breve presentación da 18ª Tempada radiofónica e cunha invitación aos presentes, e ao resto da cidadanía, a participar dun xeito activo en CUAC FM.

Agradecemos ós patrocinadores do concurso, que fixeron posible unha edición máis de este.