• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


xulio Xulio Valcárcel por XXO

Xulio López Valcárcel.

Xulio Xabier López Valcárcel (Lugo, 1953) es un escritor de Galicia, España.

Licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago de Compostela, trabaja como procurador de los tribunales y reside en La Coruña.

Conocido sobre todo como poeta, participó en los colectivos Cravo Hondo y De Amor e Desamor. Fue parte del consejo de redacción de Luzes de Galiza.

Obtuvo el Premio Nacional de Poesía para menores de 25 años, Premio Guimaraes, en Portugal, el Premio “Celso Emilio Ferreiro” del Ayuntamiento de Santiago de Compostela en 1979, Premio “Antonio Tovar” en Orense, el Premio Miguel González Garcés (1993), Premio “Irmandade del libro”, otorgado por la Federación de libreros, (2002) y el Premio de la Crítica de poesía gallega en 1994 y 2004. Asimismo es autor de diversos trabajos sobre arte y literatura y algunos libros de relatos. Colabora, además, en la prensa (Página literaria de El Ideal Gallego y en la radio (Radio Coruña, Cadena SER).

Obras

Poesía

  • Véspera do día (1979).
  • Alba de auga sonámbula (1983).
  • Solaina da ausencia (1987).
  • O sol entre os dedos (1993).
  • Memoria de Agosto (1993). Premio Miguel González Garcés.
  • En voz baixa (2002).
  • Casa última (2003).

En antologías

Su obra poética está recogida en diversas antologías:
  • Desde a palabra doce voces de Luciano Rodríguez (1986).
  • Escolma da Poesía galega de hoy (1991).
  • Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995).
  • Poesía Gallega Contemporánea (1996).

Narrativa

  • Anel de mel (1991).
  • Campo de Marte (1999).

Ensayo

  • No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e a Ulloa (2001).

Referencias

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953), poeta e narrador, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como procurador dos Tribunais en A Coruña. Membro destacado da Xeración Poética dos Oitenta, figura nas máis importantes antoloxías da poesía galega contemporánea, comoEscolma da Poesía galega, de Xosé Lois García, Poesía Galega de hoy (Colección Visor, Madrid 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995), Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga 1996), Antoloxía Consultada (1976-2000), de Arturo Casas, ou Desde a palabra doce voces (Barcelona, 1986) e Poetas galegos do século XX (Espiral maior. A Coruña, 2006), de Luciano Rodríguez. Os seus poemas foron traducidos ao español, catalán, inglés, italiano, alemán, ruso e francés.

Colaborador habitual de prensa e radio, é membro da Asociación Española de Críticos Literarios, tendo recibido polo seu traballo divulgativo no xornal El Ideal Gallego e en “Radio Coruña. Cadena Ser”, o premio “Irmandade do Libro”, concedido pola Federación de Libreiros de Galiza. Está en posesión, entre outros, dos premios Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar e Miguel González Garcés, sendo Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1994 e 2004). Entre os seus libros podemos citar Víspera do día (1979), Solaina da ausencia (1987), Memoria de agosto (1993), Casa última(2003), A melancolía dos corpos (2008) e a escolma de poesía mapuche traducida ao galego Lúa de xemas frías (2009). Como narrador publicou o libro de relatos Anel de mel (Vía láctea, 1991) e a novela Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). E como ensaísta, a edición da Poesía galega de Miguel González Garcés (Espiral Maior, 1998), Viaxe ao corazón de Galicia (A Nosa Terra, 2001), Sinais na Area (Deputación da Coruña, 2007), Mineiro de Luz (Laiovento, 2009), Confesión de Parte (Espiral Maior, 2010) e O escano baleiro (Biblos, 2011).

[Febreiro, 2012]

Xulio López Valcárcel leva máis de vinte anos dedicándose ao traballo poético. Participou nos colectivos “Cravo fondo” e “De Amor e Desamor”, tendo publicado individualmente, Véspera do día (Edit. Follas Novas, Santiago, 1979), ao que seguironAlba de auga sonámbula (Edicións Celta, Lugo, 1983); Solaina da ausencia (Editorial Vía Láctea, A Coruña, 1987); O sol entre os dedos (Ediciós do Castro, Sada, 1993, 2ª Ed, Sada, 1995); Memoria de Agosto (Deputación da Coruña, 1993) e En Voz Baixa (3 ª edic. Esquío. Ferrol, 2002).

Foi Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio Antonio Tovar en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994, entre outros.

A súa obra está recollida en diversas antoloxías, como Desde a palabra, doce vocesde Luciano Rodríguez (1986), Escolma da Poesía galega de hoy (Colección Visor, Madrid, 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995) e Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga, 1996). Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, inglés, italiano, ruso, francés e macedonio.

Asimesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e dos libros de relatosAnel de Mel (Editorial Vía Láctea, 1991) e Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). No 2001 publicou en A Nosa Terra, Viaxe ao corazón de Galicia. Colabora ademáis na prensa (Páxina literaria de El Ideal Gallego, Premio Irmandade do libro, outorgado pola Federación de libreiros, 2002), e desde hai anos na radio (Entre libros con X.L.V. Radio Coruña, Cadena SER).

Casa última, con prólogo de Darío Xohán Cabana e cuberta de Fidel Vidal, está a piques de saír publicado por Espiral Maior.

[Abril, 2003]

Autobiografía

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953), poeta e narrador, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como procurador dos Tribunais en A Coruña. Membro destacado da Xeración Poética dos Oitenta, figura nas máis importantes antoloxías da poesía galega contemporánea, comoEscolma da Poesía galega, de Xosé Lois García, Poesía Galega de hoy (Colección Visor, Madrid 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995), Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga 1996), Antoloxía Consultada (1976-2000), de Arturo Casas, ou Desde a palabra doce voces (Barcelona, 1986) e Poetas galegos do século XX (Espiral maior, A Coruña, 2006), de Luciano Rodríguez. Os seus poemas foron traducidos ao español, catalán, inglés, italiano, alemán, ruso e francés.

Colaborador habitual de prensa e radio, é membro da Asociación Española de Críticos Literarios, tendo recibido polo seu traballo divulgativo no xornal El Ideal Gallego e en “Radio Coruña. Cadena Ser”, o premio “Irmandade do Libro”, concedido pola Federación de Libreiros de Galiza. Está en posesión, entre outros, do Premio Nacional de Poesía para menores de vintecinco anos e dos premios Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar e Miguel González Garcés, sendo Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1994 e 2004). Entre os seus libros podemos citar Véspera do día(1979), Solaina da ausencia (1987), Memoria de agosto (1993), Casa última (2003), A melancolía dos corpos (2008) e a escolma de poesía mapuche traducida ao galegoLúa de xemas frías (2009). Como narrador publicou o libro de relatos Anel de mel (Vía láctea, 1991) e a novela Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). É tamén autor da edición da Poesía galega de Miguel González Garcés (Espiral Maior, 1998). No ano 2001 publicou o libro Viaxe ao corazón de Galicia (Editorial A Nosa Terra).

[Maio, 2009

Blogue oficial do escritor

http://xuliovalcarcel.blogaliza.org/