• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


O BNG aposta pola supresión das deputacións que considera entes obsoletos e historicamente institucións utilizadas “para exercer políticas caciquís”, e esa aposta pola súa desaparición non implica nin perda dos seus recursos, patrimonio ou emprego xa que pasarían a ser transferidos á Xunta de Galiza.

Mini: “por fin alcaldesas e alcaldes non teñen que mendigar na Deputación da Coruña”

Intervención Mini
Intervención Mini
  • Mini: “Por fin os alcaldes e alcaldesas non teñen que ir polos despachos mendigando nada e iso é un salto cualitativo”

O BNG aposta pola supresión das deputacións que considera entes obsoletos e historicamente institucións utilizadas “para exercer políticas caciquís”, e esa aposta pola súa desaparición non implica nin perda dos seus recursos, patrimonio ou emprego xa que pasarían a ser transferidos á  Xunta de Galiza.

Así o explicou o deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, na comparecencia do presidente da Deputación coruñesa, Valentín Formoso, na comisión parlamentaria de orzamentos. Pero “o BNG non ten capacidade suficiente para conseguir a súa desaparición” así que, mentres existan, decide participar nos gobernos destas institucións “por responsabilidade política” e para “adelgazar as súas funcións e facelas máis transparentes”, como xa está a facer no goberno da Deputación da Coruña.

Neste sentido, Rivas parabenizou ao goberno provincial por ter aprobado xa o seu orzamento para 2017, “moito antes da Xunta e do Goberno central”, o que é “unha boa nova” para os concellos “que xa teñen unha cifra de ingresos para o vindeiro exercicio”. En concreto, 54 millóns de euros a distribuír entre os municipios da provincia, ao que se suman a contía de superávit da entidade, en total 72 millóns de euros para os concellos.

“Iso significa que os municipios, -con independencia de cal sexa a súa cor política, e quero recalcou iso-, van ter máis recursos para 2017 e van repartirse con criterios obxectivos e transparentes, 74 millóns de euros sen necesidade de ir mendigar nada polos despachos, e iso si que é un salto adiante”, argumentou Rivas. “Antes a habilidade dun alcalde ante a deputación consistía en saber conseguir cartos”, -lamentou-, “agora hai criterios obxectivos dos que debería tomar nota a Xunta que, no que respecta a distribución de recursos entre os municipios, segue instalada nun reparto caciquil”.

O deputado nacionalista salientou tamén a redución ao 5,1% das subvencións nominais, cando no último goberno provincial do PP chegaron a superar o 30%, un signo máis do cambio de modelo no actual executivo da Deputación da Coruña co gobernado polo PSOE e polo BNG, aos que felicitou polo cambio.

———————————————————————————————————————–

O deputado do BNG afirmou que a Consellería de Medio Rural carece dun modelo “para desenvolver o campo galego” e estratexias de impulso para os sectores leiteiro e forestal

Xosé Luís Rivas “Mini”: “Con estas contas, este ano tampouco será do rural”

Mini na comisión de rural
Mini na comisión de rural
  • O deputado do BNG afirmou que a Consellería de Medio Rural carece dun modelo “para desenvolver o campo galego” e  estratexias de impulso  para os sectores leiteiro e forestal

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas  manifestou hoxe, trala comparecencia da titular de Medio rural, María Angeles Vázquez, que este ano  “tampouco  será o do medio rural”.

No debate orzamentario celebrado hoxe no Parlamento galego para presentar as contas da Consellería de Medio Rural, o deputado lembrou que durante a campaña electoral o Presidente da Xunta anunciou 1.200 M€ durante tres anos pero despois de escoitar a conselleira de Medio Rural  podemos concluír que “unha vez máis enganaron á xente e van a seguir facéndoo”.

Medio Rural carece de proxecto para o sector leiteiro

Para o nacionalista, este sector só ten unha saída, “facelo competitivo” e non é só cuestión de cartos, é necesaria unha diagnose atinada e sacalo do pozo no que está pero para iso, é preciso crer na súa potencialidade e no bo traballo dos produtores e produtoras e vostedes, dixo, “non queren facelo”. O sector leiteiro galego necesita dun proxecto que transforme o leite líquido aquí en Galiza e aproveitar o valor engadido porque o “noso queixo ten un gran futuro na exportación” así como os produtos lácteos infantís, cremas…

Nos próximos dez anos, explicou o nacionalista, Irlanda aumentará a súa produción nun 41% e Gran Bretaña por riba do 10% porque teñen proxecto de país, un proxecto do que “vostedes carecen” a pesar de que o noso clima, os medios humanos e físicos non teñen nada que envexarlle a estes países nin aos  do norte de Europa pero si envexamos “a súa  cordura política”. O sector necesita terras, superficie agraria útil e producir leite líquido con máis marxe de beneficio e favorecer con “primas especiais” un modelo de produción forraxeira, principalmente herba.Temos que apostar, recalcou, por “un modelo endóxeno” e con beneficios.

Sobre o Banco de terras, Xosé Luís Rivas preguntou que foi del e que futuro lle agarda. Existe algún plan de choque para que o sector “non morra a mans da industria”?. Non hai interlocución entre o sector produtor e o transformación, era a consellería, e vostedes, dixo, “non queren promover ese nexo”.

Modelo forestal sen debate sectorial

O parlamentario do BNG tamén se referiu na súa intervención á planta de biomasa de 50 Megavatios en Curtis que absorberá tal cantidade de madeira que se verán obrigados a ocupar “terras agrarias” porque no caso contrario non poderá funcionar.  Vostede , dixo, é a responsable da alimentación da poboación galega e da “autonomía alimentaria” e non pode facerse “a xorda” do que acontece. Serán invadidas terras agrarias con inframadeira para contentar o clúster da madeira. O negocio agora, afirmou o nacionalista chámase “biomasa”.

As 8 plantas de biomasa, explicou, demandan xa un millón de toneladas, “entre 15 e 20 hectáreas anuais de cortas” e multiplicar por dez os megavatios requiriría queimar todos os anos unha superficie equivalente a metade da provincia de Pontevedra e o propio estudo de impacto ambiental da planta de Curtis recolle o consumo de 568 toneladas ao ano de biomasa recolectadas na provincia da Coruña. “Non é casual a súa instalación”, porque a súa ubicación facilita traer madeira de calquera parte de Galiza, denunciou.

Dende o BNG afirmamos que o modelo forestal non conta cun debate sectorial. “A prorroga de ENCE non é casualidade, a incautación dos montes para empresas privadas coa xustificación dunha débeda, tampouco é casual, a ausencia de explotacións porcinas e de  coellos…este, é o seu modelo, non mover o campo”.