Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

a revolta dos mestres-xose duncan-9788494093524

.
Xosé Duncan
Duncan GZ.jpg
Datos persoais
Nacemento 7 de marzo de 1970 (46 anos)
Lugar Taragoña, Rianxo
Actividade
Lingua galego
Xéneros fantasía e terror

Xosé Ramón Suárez Ordóñez, nado en Chorente (Taragoña, Rianxo) o 7 de marzo de 1970, é un escritor galego, coñecido tamén co nome de Xosé Duncan.

Traxectoria

Reside na Coruña desde os catro anos. Cultiva sobre todo os xéneros literarios de fantasía e terror. Colaborou desde o seu inicio en Contos Estraños[1] e en xaneiro de2016 creou a páxina web literaria lermos.gal[2] xunto con Alex Bayorti e Martinho Terrafría.

Obra

Narrativa

  • As crónicas de Bran. Vol I. A revolta dos Mestres (Marzo 2013Contos Estraños Editora).[3]
  • As crónicas de Bran. Vol II. A porta de Annwn (Marzo 2014 – Contos Estraños Editora).[4]
  • Hostal Norte (Novembro 2014 – Urco Editora).[5]
  • As Crónicas de Bran. Vol III. O solpor dos deuses (Marzo 2015 – Contos Estraños Editora).[6]
  • Negruña (2016Urco).[7]

Obra colectiva

  • O ollo do corvo, Contos Estraños nº 0.
  • As bágoas de Neixón. Contos Estraños nº 1.
  • Os últimos de Landeiras, Contos Estraños nº 2.
  • Branco Nadal, Contos Estraños nº 4.
  • A mensaxe, Contos Estraños nº 6.
  • A avelaíña azul, Sombras no berce.
  • O último verán, 2ª posición no I Certame de Relatos de Verán de Redelibros.
  • Sombras de morte, Contos no nicho.
  • A última caricia, Tebras na alma.
  • O pequeno Carlo, Contos Estraños ‘Segunda Era’.
  • O derradeiro encargo do vendedor de denociñas, Contos Estraños nº 8.
  • A carta do lobo de fume, Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, 2016, Urco.
  • Cando a alma perde o tellado, 1º premio do certame Catro Paredes, 2016, Arquitectura Sen Fronteiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Blog persoal de Xosé Duncan
  • Blog oficial da triloxía ‘As Crónicas de Bran’
  • Ficha do autor na AELG A CONTINUACIÓN:
  • Xosé Duncan naceu como José Ramón Suárez Ordóñez, en marzo de 1970, nunha pequena casa do lugar de Chorente en Taragoña (Rianxo) e alí viviu até os catro anos cando se mudou, xunto con súa nai, á Coruña. Mentres seu pai estaba embarcado en navíos noruegueses, pasou a meirande parte do seu tempo na Agra do Orzán, estudando EXB no Raquel Camacho e BUP no instituto do mesmo nome que o barrio, até que se independizou e cambiou a súa residencia á fronteira da Coruña co Portazgo.

    Sempre tivo tendencias artísticas. Desde pequeno gustou en se enganar, crendo que sabía debuxar e, por ese motivo, gastou centos de folios coas súas ilustracións de monstros, bárbaros e dragóns perfilados en negro e azul coa brillante tinta dos bolígrafos Bic. Tamén tentou enganar os demais facéndolles crer que sabía cantar, e torturou durante dous anos a clientela dos garitos aos que ía tocar o grupo de rock do que formaba parte. Xa como última proba no mundo das artes, escribiu dúas novelas de fantasía que, unha vez rematadas, ficaron esquecidas no disco duro do seu portátil sen que se decidise a facelas chegar a algunha editorial.

    Todo transcorría placidamente na súa vida até que coincidiu, no verán de 2011, con Tomás González Ahola e Fernando M. Cimadevila no stand que Urco levara á Feira do Libro da Coruña por mor da promoción da primeira parte das aventuras de Basilius Hoffman. Duncan mercou a novela, partillou uns minutos de conversa máis que interesante e marchou do stand coa intención de facerlles chegar aquelas dúas novelas que estaban a coller po entre os sectores defectuosos do disco duro. Tras a recepción do mail cos textos, Tomás tivo o valor (e a decencia) de facerlle ver que aquilo estaba bastante ben mais que precisaba de moito traballo de revisión e corrección e animouno a participar nun proxecto que el e Fernando estaban a artellar. Ese proxecto era ‘Contos Estraños’. Durante o 2012, o 2013 e o 2014, Duncan colaborou nesa publicación periódica de carácter colectivo con varios relatos de terror e fantasía. De dita colaboración xurdiu a idea e o concepto do mundo fantástico de Alba e os personaxes de Bran e o Solla que serviron de espiña dorsal para a construción dese universo de maxia e aventuras. No 2015 publicou a novela curta de terror psicolóxico Hostal Norte e o derradeiro volume da triloxía As Crónicas de Bran. 2016 agárdao coa promesa da publicación de Negruña, unha ambiciosa distopía baseada na cidade da Coruña e que mestura fantasía e maxia cunha profunda crítica social e cultural.