Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

xesus Xesús Rábade Paredes.

https://www.facebook.com/xesus.rabadeparedes.7

 

Día de flores
e ano de espiñas
non son amores.

…………………………………….

Nai e muller.
A vida deume
ouro a escoller.

……………………………………………………..

As lapas do fascismo
prenden sempre no lumpen
como a esca.

…………………………………………………………….

Moi bo día.
Hai moitas horas que o meu signo non chega.
A palabra na nube é deletérea.

………………………………………………………………………….

Paríronme elas.
Sinto dó delas.
Loito por elas.

………………………………………………………………………………….

Restarás dos nacidos que viven a conciencia,
todos os malnacidos,
só acaso dignos de purgar no túmulo.
(De Memoria do Corpo)

………………………………………………………………………………………….

Cando nacín, xa viña ulindo a terra.
Pariume a nai, coitada,
non ben pousou no chan un feixe de herba.
(De “Os Anos da Memoria”, 2007)

———————————————————————–

Queridas: Escoitade a Arrimadas
e decidide se pode ser votada.

………………………………………………………………………………………….

E canto mal
nace do contubernio
de trono e altar.

………………………………………………………………………………………….

Farás reconto sobre todo delas,
perpetuas subxugadas da deshumana especie,
caladas sufridoras do histórico martirio.
(De MEMORIA DO CORPO, 2018)

…………………………………………………………………………………………………………….

Os trinta mil quilómetros cadrados
que mide o meu país
valen por todo un mundo.