WOSINC preséntase á cidade de
Santiago este xoves con Sun Araw
|
WOSINC celébrase do 11 ao 13 de setembro en 10 espazos emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela. Música, artes escénicas, gastronomía, coloquios e audiovisual danse cita durante tres días na capital galega. Ata 40 actuacións musicais de 15 países que inclúen a Michael Rother, Girl Band, The Octopus Project, Mdou Moctar ou Niño de Elche comparten cartel co humorista Ignatius e outras dúas formacións escénicas, varias actividades gastronómicas, catro coloquios e dúas colaboracións con NUMAX e o festival Curtocircuíto no terreo audiovisual.
A modo de presentación para a cidade de Santiago, WOSINC trae á terraza da Fundación Eugenio Granell ao norteamericano Sun Araw e o artista galego Regosanguento.
Baixo unha premisa de longos desenvolvementos, colaboracións estelares e recursos visuais, Cameron Stallones aka Sun Araw ven desenvolvendo unha carreira singular de música sicotrópica, contemporánea e expansiva en torno ao dub e a improvisación máis ceibe de ataduras. Gazebo Effect (Drag City, 2015) é o último disco deste extraterrestre, agora en formato trío, co que reflexiona sonora e visualmente sobre os obxectos e non-obxectos de un jardín sicodélico que semella conformado por infinitas capas.
Regosanguento é o proxecto dun solo home de Alex Canoura, vocalista e guitarrista da banda lucense Guerrera. Canoura percibe o dub, o blues cavernoso, a montaxe de infinitas capas de son e ata o beatbox como un só ente cultural e así o materializa nunha colección de overdubs mutante e vívida.
|
O acceso ao concerto é gratuito para abonados a WOSINC. Porase un número limitado de entradas á venda exclusivamente na xanela do evento.
|
Descarga aquí o presskit do evento.
|
|