Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
WOS, nomeado aos European Festival Awards e Iberian Festival Awards

Achégase o final do ano, e esperamos que cando repases os mellores momentos do 2017 a cuarta edición de WOS se atope entre os primeiros da lista. Cinco días e noites nos que un ano máis as rúas de Compostela enchéronse de propostas artísticas arriscadas e selectas, mesas para a reflexión, cinema, estreas, audiovisual, performance, e, o máis importante, as túas emocións. Se non puideches vir ou se queres lembralo, tentámolo condensar en 3:59 minutos, dálle ao play!

Un 2017 no que en tan só catro edicións WOS consolidouse como unha cita crave na axenda cultural galega, e obtivo o recoñecemento de público e xurado nos dous grandes certames de ámbito ibérico e europeo: os European Festival Awards e os Iberian Festival Awards. Nos European Festival Awards, cuxa fase de votación do público xa está pechada, WOS é o único festival galego nomeado, na categoría ao mellor festival indoor xunto a competidores como o Lisboa Dance Festival, o MENT Ljubljana ou o OUT.FEST, entre outros. Nos Iberian Festival Awards WOS foi nomeado en cinco categorías: á mellor programación, mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turística, mellor programa cultural e mellor festival indoor.
votación do público está aberta ata o 17 de xaneiro. Grazas por tomarte un minuto para votar! Vémonos en 2018!