Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

🎶Willie & Winnie estréanse o venres en A Repichoca Orillamar, na #Coruña. En realidade, o que estrean é o nome. Os compoñentes seguen a ser os mesmos que conformaban #KozmicBluesElise Denise e Andy Bill.

Pero neste mes de abril o dúo ferrolán decidiu cambiar de nome deixando atrás o Kozmic Blues de aires joplinianos para pasar a chamarse como os dous protagonistas da obra #HappyDays de Samuel Beckett.

Ambos nomes definen ben a súa música: tanto o gusto polo folk-rock de estilo Janis como polas referencias culturais de estilo Beckett. Sen esquecer a calidade e pureza da súa música. E ademais o concerto é de balde!

(UNHA INFORMACIÓN CORTESÍA DE http://inorantes.com)