Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

“Wholetrain”, dirixida polo alemán Florian Gaag, conta a historia de catro escritores de graffiti no Berlín e as súas circunstancias: os códigos internos dentro do seu crew, a competición que se establece con outros, a súa relación coa súa contorna máis próxima (familia, amigos, noivas) e os seus continuos rozamentos coa policía. E unha obsesión: a dos vagóns do metro da cidade. Iste ato controvertido é o ponto de partida dun novo filme alemá.

Hai pouco máis dun ano, a discusión que rodea aos graffitis chegou ata as máis altas esferas políticas alemás. A pergunta era a de sempre: atentado contra a propiedade ou forma de arte que necesita o seu espazo? A resposta endexamáis chegou a concretarse. E a discusión aredor dos graffitis regresou ao mesmo limbo do que saíra.

Do que agora non cabe dúbida é de que os graffitis de Florian Gaag son unha obra de arte. Non pictórica, mais cinematográfica. O director alemá debuta na gran pantalla cun filme adicado a tres heroes do spray. David, Tino e Elias sonhan con lograr un “wholetrain”: un tren por iles tatuado que percorra tódala cidade dando testemunha da súa existencia.

O soundtrack (que xa está a descarga), non podería ser doutro xeito, un pouco de Hip Hop na cal deléitannos mc’s da talla de KRS-1, Akrobatik, Afura, Dá sensei e planet Asia por mencionar algúns. Mentres, David, Tino e Elias loitan por manterse fieis ao estilo que os diferencia dos outros writers, mais sen caer xamais no inmobilismo: nada sería pior que ficar anticuado. Os protagonistas de Wholetrain defenden toda unha filosofía de vida afastada de calquera improvisación. Tenhen o seu crew, o seu fato. Tenhen as súas leis e as súas normas. As súas ideas e o seu modo particular de sopesar as cousas.

Florian Gaag estudou en Nova Iorque e puido observar de preto ise mundo de bandas de vecinhanza e da arte a pé de rúa. Mais Wholetrain non é un filme estadounidense. É unha obra europea que amosa o día a día nunha sociedade e unha cidade do vello Continente.

Wholetrain tivo que rodarse na Varsovia. As estacións de tren alemás estaban vetadas pra Florian Gaag e o seu equipo de rodaxe. A Deutsche Bahn, a empresa ferroviaria de Alemanha, non quixo dar o seu apoio a un filme que converte en heroes a quen a diario “vexan” os seus trens.

Mais Wholetrain está lonxe de ser un canto á utopía. Tras a paixón graffiteira de David, Tino e Elias agochanse tres mozos con problemas, nun mundo que demasiadas veces péchalles a porta. Problemas económicos, malas relacións cos pais, encontróns coa Xustiza, erros de adolescentes que se pagan caro.

O filme ten alto contido social. O seu argumento é a realidade de hoxe: unha realidade dura, afastada pra moitos europeos que seguen sen decatarse de que máis aló da súa cidade existe outra cidade na que habitan as dificultades.

https://www.facebook.com/profile.php?id=100063592237570

(Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo).

Foto cabeceira da man do https://www.youtube.com/