Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Un día 9 de agosto de 1879, naceu o labrego Emiliano Zapata Salazar, autor material e intelectual da máis grande expropiación da terra e dos medios de produción que se rexistrou na historia. A través do Exército Liberador do Sul, correu e desposuíu a balazos aos empresarios e políticos de Morelos, Guerrero, Puebla, Veracruz, Estado de México, Querétaro, Guanajuato e Michoacán durante os seus nove anos de acción revolucionaria.
Dende que adoptou o lema “Terra e Liberdade” dos magonistas en 1910, Zapata loitou contra tódolos gobernhos que quixeron establecerse. Derrotou ao Exército dos presidentes Porfirio Díaz (1910), Francisco I. Madeiro (1911), Victoriano Huerta (1913) e Venustiano Carranza (1917), ata o seu asasinato a traizón en 1919. “O que queira ser aguia que voe e o que queira ser verme que se arrastre, mais que non berre cando o esmaguen”, foron as palabras póstumas coas que Emiliano Zapata exhortou aos traballadores pra loitar pola súa liberdade contra todo tipo de autoridade.
“A Nazom está cansa de homes falaces e traidores que fan promesas de liberadores mais chegando ao poder esquécense delas e constitúense en tiranos. O pobo mexicano foi constantemente enganado polo seu gobernante, e o que é pior, por homes que chamándose os seus caudillos, foron os primeiros en traizoalo, unha vez conseguida a vitoria.
A revolución fíxoa o pobo, non pra axudar aos ambiciosos nin pra satisfacer determinados intereses políticos, senón por estar xa canso dunha situación sostida por tódolos gobernhos durante séculos, e na que se lle negaba ata o dereito de vivir, ata o dereito de posuír o máis mínimo anaco de terra que puidese proporcionarlle o sustento, co que se lle condeaba, de feito, a ser un escravo na súa propia patria, un miserábel pordioseiro na mesma sociedade que o viu nacer.
Por ista necesidade de vivir coma home ceive, por ise imperioso dereito de posuír unha terra que sexa súa, loitou e loitará ata o fin o pobo mexicano. Os que ata eiquí estorbaron o seu triunfo foron e som os caudillos ambiciosos que, dicíndose directores da revolución, fixérona fracasar momentaneamente e provocaron a prolongación da loita, ao negarse a dar ao pobo o que pide e o que terá, a pesares de tódalas intrigas e de tódalas as miserias da política.
A terra voltara a quen a traballa coas súas mans.”
-Emiliano Zapata Salazar (1879-1919).

 

TODO TUS MUERTOS

Elepé: DALE ABORIGEN

1994

ALERTA GUERRILLAS

Emilio Pacheco escribiu
fai case xa cen anos
Zapata non morreu en Chinameca

aínda cabalga polas
montanhas do sul
No seu cabalo branco
Ramona, David, Felipe e
Javiera a seis anos do 2000
zoupan cun machete
a miseria e a morte
Alerta guerrillas!
Víctor Jara cantou
fai uns canto anos
que se descubriu que era
mentira que remataron
as guerrillas
Alerta guerrillas!
Vén a erupción, lava de xustiza
o volcán non dorme está latexando
auga fervendo pra o mate do Che
dálle lume á auga quente
Alerta guerrillas

 

 

TODOS TUS MUERTOS + FERMÍN MUGUZUZA

CANCIONES DE AMOR Y ODIO.

Amodio eta gorrotozko kantak/Canciones de amor y odio (1984-1998)

 

10. «¡Alerta guerrillas!» (Todos Tus Muertos)

Escrita: Fermin Muguruza
Múseca: Félix Gutiérrez, Pablo Potenzoni, Horacio Villafañe
Saida de Dale Aborigen
Horacio Gamenaxe: guitarra
Félix Gutiérrez: baixo
Pablo Potenzoni: batería
Fidel Nadal: coros
Pablo «Dronkit Master»: coros
Fermin Muguruza: voz e coros
Manu Chao: coros
Ricardo Troilo, A. Rivarola e Adrián Taverna: gravazzóm e misturas

VIVA ZAPATA FILME POR ELIA KAZAN:

FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.savinarte.com/

FOTO ADENTROS EMILIANO ZAPATA DA MAN DE Bachillerato Matutino Cepemm

FOTO “DALE ABORIGEN” DE TODOS TUS MUERTOS DA MAN DE https://www.cmtv.com.ar/

FOTO “Amodio eta gorrotozko kantak/Canciones de amor y odio” (1984-1998) DE FERMÍN MUGURUZA DA MAN DE https://www.discogs.com/ 

 

Traducións o galego ceive por Rubém Novo.