• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

VIII FESTIVAL DE JAZZ & BLUES DE RIBADEO

Do 25 DE NOVEWMBRO AO 11 DE DECEMBRO 2022

CONCERTOS – EXPOSICIÓN – MASTERCLASS – JAZZTRONOMÍA

NOA LUR, JAZZ FOR CHILDREN
27 de novembro          18,30 horas
Auditorio Municipal de Ribadeo Premiada coma unha das mellores voces novas do jazz europeo no Festival Internacional “Nomme Jazz” de Estonia, Noa Lur alcanzou o Número 1 en vendas en Itunes Jazz co seu single “Moody ́s Mood For Love”, tema engadido na Edición Especial do seu primeiro e exitoso disco “Badakit” .O repertorio conhecido por peques e maiores,  intercala sempre áxiles explicacións a través dunha posta en escena teatralizada coas que os pequenos aprenden sobor os instrumentos, sobor aspectos melódicos, harmónicos e rítmicos, sobor historia do jazz… concerto espontáneo, divertido, didáctico, familiar…Video: https://youtu.be/ZX7PP4B9GXI



PABLO CASTANHO/MARCOS PIN JAZZ ORCHESTRA
2 de decembro                       20,30 horas
Auditorio Municipal de Ribadeo
Dous som Pablo Castanho e Marcos Pin forman unha orquestra de Jazz; en Compostela, no ano 2017.
Ambalos dous  concluíron os seus estudos de música no estranxeiro; Pablo en Nova Iorque (New School) e Marcos en Holanda (Royal Conservatorium) e é aí, nas respectivas escolas, onde descobren a importancia que ten esta, a formación máis glamurosa do Jazz —a “Big Band”—, pra o desenvolvemento musical dun intérprete neste estilo.
Saxos: Pablo Castanho. Pablo Añón, José García, David Paz e Martinho MatoTrombones: Bruno Vaye, Ginés Guerra, Miro Lamas e Diego Rodríguez.Trompetas: Lázaro Cardoso, Fernando González, Abel Gañete e Fernando Rei.Piano: Manolo GutiérrezContrabaixo: Juan CañadaBatería: Sergio González.Director: Marcos PinVideo: https://youtu.be/6jWrU_fyiRc



 

LOS DELTONOS
6 de decembro           20,00  horas
Auditorio Municipal de RibadeoOs Deltonos é un grupo formado en 1986 en Muriedas, Cantabria. Comezou sendo un trío, con Hendrik Röver coma único guitarrista, amais de baixo e batería. Tras varios trocos na súa formación só Röver segue no grupo dende a fundación do mesmo.Nos seus comezos consideróuselles un grupo de Rhythm and Blues mais trocando con cada novo traballo, engadindo sons achegados ao Funk, o Power Pop, e nos seus últimos discos, sobor todo «GT» e «Bos Tempos», sons surenhos, con máis presenza de guitarras acústicas ou a Steel guitar, mais mantendo sempre un son propio e característico marcado polo estilo persoal e virtuoso á guitarra de Hendrik e as escritas sempre en castelán das súas composicións propias.Video: https://youtu.be/Tb7SSAywUyw



 

TRIO MEJUNJE (A. Bringez, M. Olivera, Reinier “El Negrón”)
6 de diciembre           20,00  horas
Auditorio Municipal de Ribadeo
O Trío Mejunje formado por tres dos músicos máis importantes de Cuba, concretamente de Santa Clara. Actualmente residen en España e levan tocando xuntos máis de 15 anos en múltipels proxectos, nacionais coma internacionais, ista é a primeira vez que se xuntan coma trío, pra levarnos por unha viaxe de cores musicais, enerxía, baile e improvisación, presentando o seu novo disco ” mejunje ” . Nomeados ao latín Grammys en varias ocasións, cada un deles é líder nos seus propios proxectos. . .

Video: https://youtu.be/1EhwB6XNPuQ



GISELE JACKSON & THE SHU SHU´S

9 de decembro               20,30  horas
Auditorio Municipal de Ribadeo

Cando a moza Gisele Jackson era unha estudante de primeiro ano na Universidade de Howard, xa se atopaba sobor as taboas de Washington D.C. coa súa primeira banda de soul clásica. Antes de facer de Brooklyn o seu fogar, Gisele realizou unha xira coma ‘Raelette’ con Ray Charles no apoxeo da súa carreira, e a partires de entón tamén acompañou a lendas coma a inigualabel Donna Summer ou o seu ‘padriño’ James Brown.

Na súa carreira virou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África. Actuou en solitario nos principais clubes de jazz de USA e foi a encargada de cantar na toma de presidencia do mesmo Bill Clinton.
A revista Billboard elevouna á categoría de diva por mor do seu gran éxito mundial, o clásico de baile “Love Commandments”.

Video: https://youtu.be/EUPDUiq7kAs




RED BEANS & THE PEPPER SAUCE
11 de decembro               20,00  horas
Auditorio Municipal de Ribadeo
En 2010 fundase Red Beans & The Pepper Sauce coa a cantante Jessyka Aké, en Béziers, no sul de Franza. A emisión dunha das súas cancións na radio os da a conhecer en todo o país. Ista banda de blues e soul orientase en lendas musicais coma Jimi Hendrix e Lenny Kravitz. Con cinco álbums no seu facer e alghúns premios , entre iles a revelación do ano no Festival de blues de Cahors , dos premios French Blues Challenge , grandes resencións do seu último álbum en Rolling Stone Magazine , Blues Magazine , Rock & Folk e Le Parisien .

Video: https://youtu.be/BlNctpvTaUA


CEAS – CONCERTO


PABLO SANMAMED TRIO

Venres 25 de novembro        21,00 horas

Cea – concerto

Javier Montero Restaurante . Ribadeo

Contrabaixista, baixista e compositor, nado en Santiago de Compostela, estudou piano e violoncello no Conservatorio Superior de Música de Santiago e posteriormente contrabaixo con Dalibor Sebestnik no mesmo conservatorio.

Participou en numerosos concertos á beira de grandes músicos e nos mellores festivais, e é autor de bandas sonoras de varias filmes, que lle permitiron ser acredor de varios premios. Agora mesmo, coma proxecto persoal ten o seu propio trío de jazz.

Pra ista ocasión acompáñase de Iago Mourinho ao piano e de Chus pazos á batería.

Video: https://youtu.be/Z6pVnFqpx8c



CARMEN REY

Sábado 3 de decembro       21,30 horas

Cea – concerto

Restaurante Oviedo Bar . Ribadeo

A cantante Carmen Rey, realizou os seus estudos musicais no Conservatorio Superior da Coruña, onde se formou en piano, harmonía, violín e técnica vocal. Complementou os seus estudos na Escola de Música Creativa de Madrid. Comezou a súa carreira coma vocalista de jazz en 1992 co Nani García Trío. Formou parte da Old Dixie Jazz Band ou Xío, amais de compartir escenario con grandes nomes coma Brian Trainor, Jorge Pardo, Perico Sambeat ou Jeff Jerolamon e colaborou con Xosé Manuel Budiño coma vocalista.

Video: https://youtu.be/LsCMuqnFlS8




MATABUENA TRIO

Venres 9 de decembro      21,30 horas
Cea – concerto

Parador de Turismo . Ribadeo

Tras moitas ocasións compartindo as taboas en ámbitos máis convencionais, istes tres músicos xuntanse pra  propor unha conversa musical, atopando sobor todo a interacción e a suxestión de novos camiños pra interpretar standards de jazz.

Mónica Matabuena – voz
Marco Martínez – guitarra
Arturo Valero – contrabaixo

Video: https://youtu.be/RbviEFpNBpA



JAZZTRONOMÍA



JAZZTRONOMÍA
Sábado 3 de decembro          19,30 horas
Domingo 4 de decembro        12,30 horas
Carpa instalada no Parque

O cociñeiro, comunicador e divulgador Lucas Requejo ofrecerá na carpa instalada no parque senllas sesións de preparación de pratos cociñados , na tarde do sábado, e de preparación de bebidas, todo iso con ingredentes e alimentos de proximidade agrupados en “Son de Lugo”.
Estas experiencias son de acceso gratuíto así coma as degustacións posteriores das preparacións e pratos que leve a cabo, todo en conexión co mundo do jazz e a improvisación.

 



EXPOSICIÓN



EXPOSICIÓN “DEZ ANOS DE FESTIVAL”

Do venres 25 de novembro a o  domingo 11 de decembro         
Oficinha de turismo

Coincidindo co décimo aniversario da primeira edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, exporanse na oficinha de turismo unha mostra de cartazes, recortes de prensa e fotografías de fotógrafos locais, que recollen todala historia deste Festival.
Coincidindo coa inauguración da exposición e na mesma Oficinha de turismo terá lugar o ato de apertura da Oitava edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo



Información venda de entradas e aboamentos aquí:

 https://www.gameoverpro.es