Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Carlos Meixide

Vexo que a TVG inicia unha campaña co hashtag #presumedagalega. Isto é o que opino ao respecto. Exprésoo publicamente para que escusen enviar máis convites.

Dime de que presumes e che direi de que careces…

Podo presumir a profesionalidade da maior parte d@s traballadores da CRTVG, porque os coñezo e traballei canda eles (tamén hai algúns, -os menos-, nefastos, a verdade sexa dita). Por desgraza, outras moitas cousas impídenme presumir dos medios públicos galegos, máxime cando hai unha compañeira sancionada, e tant@s outr@s compañeir@s mobilizad@s… Que nesas circunstancias a compañía inicie unha campaña lexitimadora paréceme cando menos obsceno.

Poden crer que me encantaría presumir da galega, pero é superior ás miñas forzas pola manipulación e falla de pluralidade e sensibilidade que trasloce no seu día a día. Non só non me sinto representado por ela; nalgúns casos, síntome agredido.

Son xornalista, traballei na Galega e pola miña ocupación actual, teño necesidade de proxección nos medios do país, públicos e privados. Por tanto, non gaño demasiado meténdome nun sarillo coma este. Fóra fai moito frío, pero o asumo e procuro non utilizalo en clave vitimista; a fin de contas, vivo nun iglú tan contento e as focas achegan alimento, vestimenta e combustible suficiente.

Pero que os que están ao quente veñan ao meu retiro pedir axuda para lles pagar a calefacción… Home, non! Un pouco de por favor!