Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Foto de Asociacion Castaño y Nogal.Foto de Asociacion Castaño y Nogal.
Foto de Asociacion Castaño y Nogal.Foto de Asociacion Castaño y Nogal.
FACEBOOK ·
Helena Villar Janeiro.
FACEBOOK.

A Mestra-Escritora:
Helena Villar Janeiro: Da escola de Quintá de Cancelada a distinción de Rianxo

Unha pequena laudatio-reportaxe co agallo da homenaxe do vindeiro 25 de xunio

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vén outorgando anualmente unha distinción a unha escritora ou escritor de traxectoria sólida ao longo da súa carreira literaria.

A homenaxe ten dúas partes.

– A primeira é crear símbolos desa ligazón á terra, mediante a plantación dunha árbore emblemática para a persoa distinguida (neste caso, será un loureiro), a inauguración dun monolito que leva unha placa cun texto da escritora e a inauguración dun espazo físico que levará o seu nome (neste caso unha praciña no peirao de Setefogas).

– A segunda parte é un acto literario no que se fai unha laudatio da homenaxeada á que ela dá unha resposta. A festa acaba cun xantar de confraternidade.

Helena Villar Janeiro elixiu Rianxo, terra de adopción á que chegou hai 23 anos. E móstrase moi orgullosa de recibir tal distinción na vila máis literaria de Galicia, terra de Castelao, Dieste, Manuel Antonio e Rey Romero.

Antonio Álvarez González, ex – alumno, avogado, presidente da Asoc. Castiñeiro e Nogueira

Fotos do percorrido persoal, profesionial e literario de Helena Villar Janeiro por Quintá e Rianxo, pasando por Padrón:

1) En Quintá, sobre o río Donsal, polo mes de xuño de 1964
2) En Quintá, con seu irmán Ovido, onda a parede da escola(1963)
3) En Quintá lavando no rego da Portada (1964)
4) En Quintá na ruta do Donsal (2011?)
5) En Rianxo presentando co arquitecto Carlos Fernández Coto a petición de nomeamento BIC da colección de arte das extintas Caixas de Aforro
6) En Rianxo, despois da lectura do pregón da feira de libro en 2014
7) Na Horta de Rosalía, diante do ombú, finalizada a conmemoración do pasamento de Rosalía d0 15 de xulio de 2011.
8) No seu despacho da Fundación Rosalía (2010).

NOTA.

A foto que vai de portada da homenaxe da Asociación castaño y nogal, e dunha alumna de Helena Villar Janeiro. Non podo resistirme a que a leades, isto son verbas de Carme Seoane Paredes:

12 de mayo ·

Querida profesora que nos ensinaches a nosa lingua, a falala e escribila, a amala e respectala, a sentila e a admirala,..cómo plasmar isto nun exame de reválida?

(Estamos na presentación de As Horas Roubadas de María Solar). — con Helena Villar Janeiro.