Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Reposted from @clubturagalicia As Salas de Concertos retoman actividade en setembro e advierten: “é imperativo que os e as responsables políticos analicen a súa participación dentro do sector e a dirección das súas apostas culturáis en canto a axudas ao sector privado se refire”.
QUERES SABER MÁIS?? Pois entra na nosa web, e lee a nova completa.
Na foto, as salas da #Coruña posando fronte ao Concello.
Clubtura
Concert Tour

Asociación profesional de salas privadas de conciertos de Galicia. Vamos, onde vive a música, e onde revives ti.

Followed by marcos_gfernandez, soylentgreenproject, ladisfrutonadelorzan + 49 more

NOTA DE IMPRENSA DE CLUBCULTURAGALICIA.

UN OUTONO DE ACTIVIDADE, CONTRA VENTO E MAREA

 

As Salas de Concertos Galegas retoman actividade en setembro tras a etapa estival, ofrecendo unha programación constante, inclusiva e variada.

Dende Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, reivindican a necesidade de analizar o panorama musical nunha comunidade onde algunhas localidades apostan cada día máis por eventos multitudinarios e programación estacional.

A Coruña, mércores 6 de setembro de 2023.-

Setembro é mes de novos comezos, e as salas de concertos non son unha excepción: esta vindeira fin de semana será a posta de largo da nova tempada en case todas as salas de concertos de Galicia, e os programadores e programadoras adiantan: é momento de estar atentos a unha proposta sen precedentes.

E é que o colectivo de salas de concertos ven, nos últimos anos, de enfrontarse a un cambio de paradigma importante: unha sofreoferta de festivais, que deixan de circunscribirse soamente á etapa estival, e que cada vez contan con maior apoio público, e a necesidade de reinventar o sector tras a pandemia marcan esta nova etapa, na que as equipas de programación das salas reivindican “unha programación cultural sostible, que de cabida non só a bandas e artistas consagrados, senón tamén a novos talentos, que sexa accesible a toda a cidadanía e que supoña unha oferta de calidade pero, tamén, continuada no tempo, novidosa e inclusiva”, comenta Tomás Legido, vicepresidente de Clubtura.

Cos calendarios de concertos prácticamente pechados até ben entrado 2024, a directiva da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo advirte: “é imperativo que os e as responsables políticos das cidades e pobos de Galicia analicen a súa participación dentro do sector e a dirección das súas apostas culturáis en canto a axudas ao sector privado se refire”.