Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A Xunta de Portavoces apoia a solicitude do BNG de creación dunha Comisión de Investigación do accidente de Angrois

 

 

 

 

 

 

Manifestación Vítimas de Angrois

Néstor Rego comprométese a seguir traballando para garantir ás vítimas e as súas familias “verdade, xustiza e reparación”, así como para esclarecer as responsabilidades políticas e depuralas

BNG consegue que se retome o traballo parlamentar que viu truncado o seu labor pola disolución das cortes en 2019.

A Xunta de Portavoces do Congreso aprobou hoxe a tramitación da iniciativa presentada polo BNG, conxuntamente con EH Bildu e ERC, para a creación dunha Comisión de Investigación que esclareza e estabeleza as causas do accidente ferroviario do Alvia que tivo lugar en Santiago de Compostela en 2013 na curva de Angrois. A nova información coñecida grazas aos requirimentos das institucións europeas ante as irregularidades e incumprimentos detectados, dan máis sentido  aínda ao deber de retomar os traballos da comisión parlamentar, creada en 2018, na cámara baixa que viu truncada a súa actividade pola disolución das cortes en abril do ano seguinte. A formación nacionalista comprométese a traballar para que se esclareza o acontecido, depurar responsabilidades e aplicar “verdade, xustiza e reparación”.

“Existiu xa unha Comisión de Investigación no seo do Congreso que foi interrompida pola convocatoria electoral de abril de 2019 e a disolución das Cortes. Isto deixou os traballos sen finalizar e sen poder achegar conclusións despois das comparecencias que se efectuaron” lembra o deputado do BNG, Néstor Rego, que sinala a conivencia de PP e PSOE para evitar asumir as responsabilidades políticas que corresponderían a cargos ministeriais de ambas formacións. De feito, a votación na que se aprobou dar comezo á tramitación na xunta de portavoces contou cos votos a favor de todos os grupos políticos a excepción do Partido Popular, que votou en contra.

“É necesario continuar coas pescudas en sede parlamentaria e máis existindo novos datos e a negativa do Ministerio de Transportes a abrir un procedemento de investigación realmente independente, dado que a CIAF depende do propio Ministerio, o que contravén a normativa comunitaria que é de obrigado cumprimento” subliña Rego.

O deputado nacionalista destacou que é de vital importancia que os traballos realizados no Congreso dos Deputados en 2018-2019 poidan retomarse “para poder lograr o esclarecemento da cadea de responsabilidades e, ademais, determinar as recomendacións que permitan no futuro evitar outro accidente nas que debe recollerse o cumprimento das Directivas e Regulamentos europeos”. Neste sentido, Néstor Rego tamén avanza o compromiso da formación nacionalista para que, cando se constitúa a Comisión, haxa un traballo frutífero e se poida conseguir “verdade, xustiza e reparación” para todas as vítimas e familiares.

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bngcongreso/?ref=page_internal

 

Un paso máis pra esclarecer os feitos e aplicar verdade, xustiza e reparación pra as vítimas e familiares do Alvia.

Avanza o compromiso da formación nacionalista pra que, cando se constitúa a Comisión de Investigación, haxa un traballo frutífero e se poida conseguir “verdade, xustiza e reparación” pra todas as vítimas e familiares.
#NaWeb BNG consegue que se retome o traballo parlamentar que viu truncado o seu labor pola disolución das cortes en 2019.
Néstor Rego comprométese a seguir traballando para garantir ás vítimas e as súas familias “verdade, xustiza e reparación”, así como para esclarecer as responsabilidades políticas e depuralas.