VERBAS DE TOULIÑA POP SADA
🎸🐬 GRAZAS, TOULIÑ@S! 🐬🎸
Xa pasou unha semana dende que Sada tremeu ao ritmo dos amplificadores, as guitarras afiadas e as voces desenfreadas… e aínda estamos con resaca emocional (e ás veces real).
Dende o fondo do escenario ata o recuncho máis afastado da carpa, queremos lanzar un gran berro de GRAZAS! a tod@s os que fixestes posible esta lendaria festa do rock&roll que se chama TOULIÑAPOP.
GRAZAS A:
🔥 Aos nosos PATROCINADORES: sen o voso compromiso isto non tería sido máis que un soño de borracheira. Sodes os verdadeiros MVP do backstage.
🤘 Aos COLABORADORES: traballadores incansables, suando máis que o batería na última canción. Sodes o motor silencioso que o puxo todo en marcha… e durou ata o bis.
🏛️ Ao Concello de Sada: grazas a todos os membros do concello implicados: concelleiros, técnicos, traballadores…
🎤🎸 Ás BANDAS participantes: bestas do escenario, almas do rock & roll, que fixéstes vibrar, berrar e chorar (con emoción… e con algún que outro empurrón) a todo un festival. Deixastes a vosa pegada, e algúns oídos zumbando.
Thee Braindrops
Stompin’ Riffraffs
Lie Detectors
Wau y los Arrrghs Deaf Devils Stompin’ Riffraffs
📀🎚️📀 Grazas aos pinchadiscos:
Sergio Modia
Jokin Misterklin
Susana Pose
Perepe Perez
Ángel Snap
Labratore Pescatore
👨👩👧👦 E ao PÚBLICO: o máis salvaxe, o máis leal e o máis entregado! Sen vós, isto non é un festival, é un ensaio xeral. Grazas por cantar, saltar e converter cada canción nunha explosión de enerxía. Por apoiar esta loucura, un 10 para vós!
Así que… comezade a afinar as vosas cordas, a preparar as vosas camisetas negras e a reservar a data para a próxima edición.
🐬🐬Porque se esta edición foi tremenda… a próxima ainda será mellor!!! 😎😜🐬
PREME NA LIGAZOM

