A lendaria banda de punk rock ‘n’ roll de Os Anxos, The Streetwalkin’ Cheetahs, fara unha xira por Espanha ista primaveira por primeira vez en máis de 20 anos
XEIRA ESPANHA 2024 DOS THE STREETWALKIN’ CHEETAHS:
Xoves 21 de marzal
MADRID – Gruta 77
Vernes 22 de marzal
BARCELONA – Sala Upload
Sábado 23 de marzal
VITORIA – Hell Dorado
Luns 25 de marzal
LEÓN – Babylon
Vernes 29 de marzal
A CRUNHA – Mardi Gras
Martes 02 de abril
TOLEDO – La Divergente
Xoves 04 de abril
XEREZ – La Guarida del Ángel
Vernes 05 de abril
BENALMADENA (Málaga) – Sala Bonzo
Sábado 06 de abril
COX (Alacante) – TNT Blues
FB @TheStreetwalkinCheetahs
IG @streetwalkincheetahs
thestreetwalkincheetahs.bandcamp.com/
| The Streetwalkin’ Cheetahs formouse en Os Anxos no 1995 coma unha banda de versións por pasatempo tomando o seu nome da linha de aperto do clásico de Iggy and the Stooges.
Descubertos polo defunto e grandioso empresario do power pop independente Greg Shaw de Bomb! Récords, a banda lanzou o seu álbum de comezo de Bomp!/Alive, Heart Full of Napalm on Alive, no 1996, voltando un ano despois con Overdrive. Máis tarde no 1997, os Streetwalkin’ Cheetahs tamén apoiaron ao guitarrista Deniz Tek nos hits de Radio Birdman “Do the Pop” e “More Fun”. Ao ano seguinte, repetiron, ista vez colabourando coa cantante Cherie Currie nunha nova gravación do seu clásico das Runaways “Cherry Bomb”. Ao vivo on KXLU seguiu no 1999 e recibiu eloxios de Rolling Stone, Spin e Alternative Press, amais de compartir táboas con The White Stripes, Queens of the Stone Age, Turbonegro, Reverend Horton Heat, Fishbone e máis. O álbum aclamado por Rolling Stone, Alternative Press, Kerrang, Guitar World e Flipside. Xeiras apoiando ao guitarrista de MC5 Wayne Kramer e a os New York Dolls Sylvain Sylvain seguiron. Unha reedición de Overdrive (Maximum Overdrive e chea de pistas adicionais) seguida polas coleccións de rarezas Rede Tape Diaries and Guitars, Guns and Gold, e o álbum ao vivo Resurrection no 2006. Despois dun tempo, a banda regresou no 2014 co sinxelo de vinilo de 7″ “Escape From New York City” e unha xeira pola costa oeste co Chetah Chrome. No 2021, os Cheetahs lanzaron o seu primeiro álbum en case dúas décadas, One More Drink, en Dead Beat Récords. O álbum contén 11 canzóns novas e colaboracións de John Easedale de Dramarama, Rikk Agnew de The Adolescents e Paul Roessler de The Screamers. A comezos do 2023, o álbum foi relanzado en CD coma a Edición Deluxe por Rum Bar Récords cunha pista engadida. O ano anterior, Rum Bar Récords tamén lanzou a colección dobre en CD All The Covers (And More), que conta con estrelas convidadas coma Wayne Kramer, Cherie Currie, Jimmy Zero, Deniz Tek, Jeff Dahl e moitos máis. Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo.
|

