Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Un 17 de xaneiro como hoxe, mais de 1978 a banda Sex Pistols sepárase.
A banda separouse, encamiñándose por separado a Os Anxos. McLaren, Cook e Jones preparáronse pra voar ao Río de Xaneiro pra tomarse unhas vacacións. Vicious, en moi mala forma, foi levado a Os Anxos por un amigo, que despois lle levou a Nova Iorque, onde foi hospitalizado de súpeto. Rotten despois describiu a súa propia situación: «Sex Pistols abandonáronme, perdido nos Anxos sen billete de avión, sen hotel, e deixando unha mensaxe a Warner Bros dicindo que se alguén chamaba dicindo que era Johnny Rotten, era mentira. Así foi coma rematei con Malcolm: aínda que non co resto da banda; sempre me compracerán». Rotten voou a Nova Iorque, onde anunciou a ruptura da banda nunha entrevista a un xornal o 18 de xaneiro. Arruinado, telefonou ao xefe de Virgin Récords, Richard Branson, quen aceptou pagarlle o billete de volta a Londres, vía Xamaica. En Xamaica, Branson reuniuse cos membros da banda Devo, nun tento de converter a Rotten no seu vocalista. Devo declinou a oferta. Cook, Jones e Vicious endexamais voltaron tocar xuntos en directo despois da saída de Rotten. Nos meses seguintes, McLaren organizou gravacións no Brasil (con Jones e Cook), París (con Vicious) e Londres; cada un dos tres e outras persoas fixeron de vocalistas principais en cancións que nalgúns casos non achegábanse moito de coma se supón que debía soar o Punk. Estas gravacións fixéronse pra formar a banda sonora da recoñecida película sobor Sex Pistols, dirixida por Julian Temple, no cal agora McLaren envorcábase. O 30 de xuño, editouse un sinxelo atribuído a Sex Pistols: nunha faciana, o conhecido criminal Ronnie Biggs cantaba «Non One Is Innocent» acompanhado por Jones e Cook; na outra, Vicious cantaba o clásico «My Way» sobor unha pista de Jones-Cook e unha sección de corda. O sinxelo chegou ao posto número seis nas listas, finalmente vendendo máis que todos os sinxelos nos que participara Rotten. McLaren quería atopar a forma de reconstruír a banda cun novo líder, mais a súa primeira elección, Vicious, estaba farto del. Vicious pedira a cambio de aceptar gravar «My Way» que McLaren asinase un documento que declaraba que xa non era o seu xestor. En agosto, Vicious, de volta en Londres, faría as súas últimas actuacións coma membro de Sex Pistols: gravando e filmando dúas versións de cancións de Eddie Cochran. O regreso en setembro do baixista a Nova Iorque puxo fin aos soños de McLaren.

Foto cabeceira da man de “Asquerosa Luz Oscura” https://www.facebook.com/AsquerosaLuzOscura

Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.