• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


The Lákazans publicou o seu primeiro EP no 2013. Composto por seis temas dos cales so incluian un tema propio. Ese primeiro disco, e os seus enérxicos directos, propiciou que se fixeran un oco no panorama musical galego. No 2014 palantexaronse dar un paso máis, e decidiron facer a sua propia música. O longo deste ano deron cincuenta concertos por toda galicia, e en decembro gravaron o seu novo disco “HOMEGROWN” “Colleita propia”. O disco sairá ó mercado o día 13 de marzo.

https://vimeo.com/122096030

Gravación do tema Wonderfull Words do grupo galego The Lakazans no estudo Casa de Tolos, en Gondomar, Pontevedra.

maxresdefault

Este novo disco está composto por nove cancións, sete propias, e duas versións de dous clásicos: “Dancing in the Street” e  “Hound Dog”. Versións que levan a un terreo moi persoal, pero sin perder por isto a esencia das cancións orixinais, e respetando a linguaxe e a sua esencia.

No disco hai: country, blues, boogie, soul e mesmo algún tema que se acerca ó rockabilly o máis puro estilo Imelda May.

O vindeiro 24 de abril The Lákazans no Puticlú de A Coruña as 22:30 h.