• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


As sementiñas estamos ben contentas!
Se esta fin de semana partimos cara ANDALUCÍA para actuar cos nosos CHÍOS dentro do Yosoybebé Festival de Artes y Primera Infancia de GRANADA, xa temos vídeo promocional de GRETEL E BELA, realizado por Tingaralanga (Xose Anton Bocixa Rei), para ir abrindo boca antes de actuar no GALICIA ESCENA PRO en Xuño. Comeza a conta atrás para actuar na feira do teatro galego!!! 🙂

Gretel (personaxe extraída de Hansel e Gretel) e Bela (a Bela Adormecida) atópanse nun bosque e comezan, xuntas, unha viaxe iniciática cara a crecemento persoal sen necesidade de príncipes nin palacios. Tras explorar e experimentar no tránsito do bosque á cidade -da nenez á madurez- as dúas amigas pasarán por unha experiencia que cambiará as súas vidas, poñendo en alza o valor da valentía e da amizade ate chegar á autonomía, a liberdade e o amor por elas mesmas. Un Moucho e un Cego serán os compañeiros de camiño, o ben e o mal mesturados coma os dous contos dos que proveñen as nosas protagonistas

FACEBOOK

https://www.facebook.com/teatro.dasemente