Somos un grupo de música da Galiza que empregamos no noso repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país,…
…e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva…
…coa que tratamos de interactuar coa xente e converter nunha festa cada unha das nosas intervencións, tanto de rúa coma de palco.
Tanto Nos Ten – “Cortando Fíos”
Idea orixinal de Tanto Nos Ten.
Títere feito por Andrés Xiráldez baseado na ilustración de Alberto Guitián, vestido por Obradoiro de Costura de Saiáns (monteira), e a Falsedad Giráldez.
Titiriteiro: Andrés Giraldez
Titiridores: Eva Barona e Nandoo Saa
Poderosos ricos: Veni da Rocha e Oscar Sobral
Cortadora de Fíos: Tamara García
Roupa de Tanto Nos Ten: Obradoiro de Costura Saiáns
Cámara e edición de video: Raúl Moril
Son: Xabi Gómez