Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
a inutilidade do esquecido pasado
xa non piso e piso
enriba de pedras desmiagadas
xa non choro…
a bagoas que algún día foron derramadas.
Vivo no culto da maxia
desfago minuciosamente cada descifrado
vibro en noites outonais
e sinto os calafríos cando estou a vivir.Non sei se me entendes
ou nin me queres escoitar…
pero as margaridas seguen a medrar
canda a choiva caenme pingas nos ollos
recollín tantos froitos maduros
e se me miras…
sego a cantar!#TaniaYáñezCastro#

Parar as agullas do reloxo
co tic-tac das túas pisadas
soñar ata extraviar o sono
mañá será outro día
bailar co sorriso aceso
suando a mellor das curas
bicar beizos namorados
coa fantasía dunha raíña.

Brincar
ceivar a alma
pisar as normas
queimar as penas
aloumiñarte a ti mesma
escribir o conto da túa vida.

(Sabes?
As oportunidades nunca se perden
cando es ti quen as decides)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

As veces sinto as ganas de disolverme
outras abrazarme a intuición.

Respiro e asolágome de aire fresco
e sei que debo seguir sendo quen son.

(A esperanza é último que se perde)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.
 Ano no que vivo.

Boto un novo perfume
a saia de onte estórbame
e o pelo xa nin me importa.

Un novo día.
Bailo ao son das follas
piso na herba mollada
e voio de pola en pola.

Aquí e agora.
Atopámonos de fronte
mergullámonos como río en auga
bicáchesme
e as seguintes en falar foron as nosas almas.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Covardía insulsa
covardía teimuda
covardía noxenta
covardía que amedentra.

Cagán por bocados
guerreiro da vida
e ti, por que me buscas?

Péchome en min mesmo
loito coas mans abertas
abátome cando se pon escuro
mais non fuxo burlona!

Ben sei que morrerás
preto de min tes o cadalso.
Ben pronto me vestirei de garda.
Reireiche tódalas grazas pasadas
namentres a podre me cheiras pura infame!

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

A miña loita
non entende de bandeiras
nin atura tímidas correntes.
A miña loita
xa non se baña
rexeita os espasmos de perdedores.

A miña loita
cheira a pura poesía
voia coa única liberdade.
A miña loita
vive chea de amor.

A miña loita
sofre involuntarios cambros
que lle achegan ao doce sabor.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Ao lonxe escoito uns pasos
uns pasos silenciosos pero firmes
uns pasos que recorren canellóns
uns pasos que acougan a sede do amor.

Camiñar sen parar.

Nas mans levo un poema
e no peito unhas verbas por rimar.

Neste océano…
eu son río e ti corrente.
Nas sílabas da miña ensencia
deletréanse os nosos sentimentos
e o aroma do teu andar
sinte o infinito sabor das nosas mans.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Coa alma voio sen pasaporte
nado entre augas vivas
ceibo cascallos do meu lombo
coido memorias sentidas
latexo por cada esperanza
bebo das bágoas sorridas
namórome coma calquera
e camiño si
camiño pois existo!

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

Ven conmigo…
cando as dúbidas che atormenten
cando nas tempestades non atopes refuxio
cando o sol che queime ata os ósos.

No meu peito
haberá alimento pra túa fatiga
no meu corazón
aloumiño pra o teu desasosego.

Collámonos da man
apalpemos a gran inmensidade.

Son a musa dos teus pensamentos
o pecado da liberdade
o infinito desta historia
o desexo dunha estrela fugaz.

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.

O canto das follas
zoupa contra as miñas xanelas
o frescor do vento
baila por riba da miña curta melena
e o atardecer…
arroupame as costas.

Vaia brincadeira que teñen!

(Benvido amigo setembro)

#TaniaYáñezCastro#

Foto de Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro.
(Foto portada Tania Yáñez Souto na Pelirroja Merchi, Praza das Atochas, A Cruña. DIAGONISMOS XIII domingo 27 outubro 2019)