Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

PREME NA LIGAZÓN

https://www.instagram.com/reels/DVT2TpijMlU/

Así remata febreiro 🫀
FOTOS TANIA YAÑEZ CASTRO DA MAN DO SEU IG.

En novembro
as arañas de máis idade
abandonan os seus recunchos
para emprender un novo telar.

Cos seus valeiros
as portas rechían
nacen murmuros de fondo
e eu pecho as contras non vaia ser.

Sentei onde a cotío
saquei os zapatos ao entrar
e mirando para a Terra
descoñezo a meirande parte das miñas dedas.

É novembro
e en novembro
vai vendaval
sabíao si pero é vendaval.

Acabo de ver unha araña,
esta vivía no descanso
debeu estraviarse
ou é das que as despedidas lle saben a fel.

Pouco a pouco
todo se valeirando
as esquinas, a casa e eu
o meu fogar.

“Novembro”🍃

Tania Yáñez Castro 🌺

Os ciumes
nun podio sen identidade
unha carteira
forzando a gravidade
o calmeo
dun peito coa verdade.”Folga emocional”Tania Yáñez Castro 🌺Baixo control
nunha orde espacial
o número un vai diante de moitos,
deseguido
a estrita colocación
de pasos a seguir mediante sinais
e todo isto
esquecéndonos de mirar a pegada
dos nosos pés.

Matemáticas puras.

No seguinte nivel
o infortuíto!
Tiñamos cavilado que podía pasar
pero na pouca probabilidade
non colliamos nós.

Matemáticas puras.

Raios, choiva e tronos!
A meteoróloga xa o avisara
pero a urxencia do control
para controlar a liberdade
e manternos en NON SER
seguimos con fidelidade ao puramente mecánico.

Agochado
un rato pequeno de campo
saía a comer
(son as doce da tarde)
e aínda sabendo
que algún humano podía asomarse,
saíu.

Agora,
formularme certas preguntas a este prospecto
sería seguir a inexplicable concordancia da anulación?
Mais por iso,
permítome esvarar montaña abaixo.
Non mirei ao reloxo.
Non levo casco.

Tania Yáñez Castro 🌹

Xogabamos ás bolas,
a partida comezaba
despois da serea.

Recordo
a ilusión das primeiras veces
sentados en roda.

Un martes,
soa de novo a súa hora
e desta, queda un valeiro.

Ás veces
hai despedidas que doen
e o fuxitivo silencioso, que deixa?

De maior pilleille o gusto
aos ulidos de memorias
e aos anacos de nada esquecidos.

Unha cómoda
un almanaque do 91
e un zapato desemparellado.

Pois aquí
a desvelación
os valeiros teñen presenza eterna.

Tania Yáñez Castro 🌹

maxineime estreliñas
gardianas dos bosques
humanos despiadados
cargando co seu mal sentimento
e o osíxeno empoderado
racionando a súa bendición.

Imaxineime árbores sorrindo
coas súas crías rebuldeiras
animais xantando
e outros máis cativos
agardando no colexio
a que os recolleran os avós.

Imaxineime.
E xúrovos que o crín!
Eu como humana
asexando,
vendo como era o animalidade
e así tamén poder ser convidada ao bosque.

Tania Yáñez Castro 🥀🩸