• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Momentos.
Momento de cores sen bordear.
Momento de pisadas sen esforzos.
Auga pura e cristalina,
momento.

Momentos.
Elevarse coma escuma da insaciable cervexa.
Sentir coa coraxe, fera ruín e salvaxe.
Amar sen acordes,
momento.

Momento de amar.

“Enganchada a vida”#TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: 1 persona, primer plano

Descentrada pero feliz.
Nace martes e trece.
(Ríome)
Poño algo de roupa
sacudo as tolemias da mochila
e almorzo un viño tinto.
¡Jajajajajaja! (Virus de sorrisos)

“O contaxio” #TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: una o varias personas

As trampas do imposibel,
zumbidos que encollen o temor
e follas tempestuosas no ruín desacorde.
Sensacións, humildade do tesouro.

Un vals no seu movemento,
o brindis por enriba do asfalto
e pegadas as pezuñas ao carón do amor.
¿Descentrados?
¡Pasen porfavor!

Un espello, un café e sorrisos de cor.

#TaniaYáñezCastro

La imagen puede contener: 1 persona, primer plano