Perdoarme…
por confiar no invisible
por dar aos non agradecidos
por voiar en terra chá
por crer e pensar.
Perdoar? Perdoarme?
Máis ben comprender.
Hai cheiros que non son pra calquera ulideira
nin palabras que se poidan agasallar a un xordo
nin as miradas limpas viven en augas turbias.
E que decir do corazón…
O libre alimentado da verdade
non pode ser rozado por un penedo calcinado.
E logo está a única, a vida.
Sempre brindando polo amor a un mesmo
nun convite con indefinidos platos de pureza
e compartir o único cacho de pan
co lento arrecendo dunha gran alma.
Non tes que perdoar, nin a ti castigar.
Sinxelamente
non te arrrimes en vano
non limes a túa gran esencia.