E que importa, se eu tamén viñen pra morrer.
Morrer cando o alento meu deixe de crecer.
Namentres, no máis alto desta viaxe
seguirei con forza o consentimento de crer.
E son un furacán
namorada do puto desastre.
Correr a man armada,
correr e non parar.
E pensan…vivir ou morrer.
Ata o último alento…vivir benqueridas treboadas.
Un burato no corazón,
co menique marco a respiración.
¿Quen me vai sacar o po da dor?
Erguida da caída
subirei ata comer a verdade.
¡Seguinte rolda! 😉
“Persoas reversibles
alma impoluta, mirada pulida”
Pócima do meu almorzo…
Pánico con boa mira
unha guerra coa contra aberta.
Morrer nun huracán…
Sen pesadelos, con atrevemento.
“Golpes de follas molladas”#TaniaYáñezCastro
Gústanme demáis as espiñas, pois pétalos téñenos tódalas flores.
¿Que pinchan?…
Tamén amarga o día coa mira de según que vida.
Azucre no pensamento.
Préstanme as cousas sen dono
fanme sentir, danme calafríos.
Momentos, tan só momentos.
Máis que bicarnos ou deitarnos
collidos da man abrazábamonos.
Momentos que pagan unha vida.
Existen persoas, logo nós.
Camiñábamos e o sendeiro saudou.
Dúas almas unidas en silencio.
¿Explícamo?
Non, non podo.
O amor nunca bebe do mesmo regadío.
“Ollar de almas”#TaniaYáñezCastro
” A raíz da vida, a discontinua ledicia.
Ceiba a cordura cando a vida cho pida”
Espida nunha pompa de osíxeno…
Unha elección
non unha necesidade.
Non importa cando
se aínda viven as ganas.
Pero…¿para que o porqué?
Sentes o abrazo con calafríos
sentes a pel sedosa e efervescente.
Pero…¿para que se sentes?
O momento
sorrisos, risas e gargalladas.
O momento,
o meu principio sen fin.
“Floreciñas”
Mente indecente
boa compañeira
alma indómita
pecadora e salvaxe.
Apaixonada
revelde sin causa
corazón vermello
ceiba controlada.
Coa man ergueita, aberta…recito:
Endexamáis un é o primeiro elexido
cando loita a favor do seu camiño vivido.
Abrir as contras
e ver que fai bo tempo pra ser feliz.
Batería:
Cargando…
(¡Novas ilusións)