Comezou coma pintor (atividade que endexamais deixou) mais cedo se lanzou coa guitarra concibindo un das mellores bandas da historia: Pink Floyd. “The Piper at the Gates of Dawn”, o seu primeiro disco coa banda, revolucionou o mundo da múseca.
A inxesta arrouta de LSD fixo que perdese a testa, e foi un milagre que non perdese algo máis. Chegados a iste ponto, o resto da banda pensou que tal vez poderían seguir con Il facendo unicamente o laboura compositiva, mais a súa incapacidade pra levar unha vida normal, concluíu coa súa saída da banda cando aínda non remataran o segundo elepé.
A natureza lendaria que alcanzou a súa figura, xunto co doado que tinha de facer obras mestras de tres minutos, deu lugar a istes dous discos. De instrumentación sucinta mais xusta —levada a cabo xunto aos membros da banda e alghún convidado—, son obras dunha dimensión inaudita. Tentou levalas as táboas mais foi imposibel. Abandonou a música pra sempre e retirouse a vivir coa súa familia. Endexamais volveu dar unha entrevista ou coller un instrumento.
Nos anos 80 editouse “Opel”, que continha material novo, e nos anos 90 “Crazy Diamond”, unha caixa que recollía todo o publicado ata entón xunto con versións alternativas e algunha rareza máis.
Pink Floyd continuou a súa carreira facendo discos excepcionais aproveitando o pulo do comezo, sempre baixo a influenza do que fóra a súa ialma mater. Logo adicaronse á bolearía industrial (donuts de deferentes cores pra ledicia da merenda de nenos e nenas de tódolo mundo), vivindo ledos e comendo perdices.
SB foi un dos pais do folk-psicodélico. Ningún outro músico da historia influíu tanto con tan pouca/pouca obra.
Pepe Chas.
Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.
Foto cabeceira da man de https://www.ilikeyouroldstuff.com/