• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


ESES 13 ASASINOS QUE PERMANECEN OCULTADOS, QUEN SON?
A noite que mataron ao Samuel na Coruña foi a noite na que xogou a selección española de fútbol e na que numerosa xente nova saiu dos bares a berrar, “¡España! ¡España! ¡España!”. Moitos deles sacudindo bandeiras coas colores “rojo y gualda” da casa dos Borbón, a bandeira do Reino de España.
Foi unha casualidade?
Pode ser.
Esa mesma tarde houbo incidentes en Sevilla cando mozos coas mesmas bandeiras foron rebentar unha manifestación do “orgullo” que reclamaba dereitos para as persoas e o dereito á diferenza.
Foi unha casualidade?
Pode ser.
Manifestacións en protesta polo asasasinato dunha malleira de Samuel: a policía malla nos manifestantes.
Foi unha casualidade?
Pode ser.
Tras xa máis de dous días do asasinato colectivo aínda non hai ningún detido. Dixeron que eran 13 , agora xa din que foron 7. Desapareceron 5 para seren investigados.
Cantos quilos, litros de odio se precisan para bourar unha vez e mais outra trece individuos, 13, contra un indefenso deitado no chan? Cantos ferrados de covardía se precisan para demostrar que eses trece, 13, individuos eran “homes de verdade”? Canta covardía para demostrar que eran “valentes”?
Non sabemos ningún nome. Non hai detidos.
É unha casualidade?
Pode ser.
Quen son eses trece, 13, asasinos? Por que permanecen tan ocultados? Gozan de protección especial por algún motivo?
Asistimos a unha profunda mobilización do fascismo español. Ao redor do españolismo, o nacionalismo españolista e as súas bandeiras e símbolos, avívase o odio e a violencia contra os máis vulnerabeis.
E esa ideoloxía ten detrás os poderes que posúen televisións e empresas de comunicación, que alimentan con diñeiro partidos políticos. E teñen detrás a sectores do Exército e as policías, e do funcionariado do estado. E ao groso do poder xudicial, principalmente os seus órganos directivos, directamente franquistas.
Este estado, fundado polos militares sublevados contra a República, permanece na súa esencia, nunca houbo sequera unha reforma alén dun sistema de representación electoral.
E os demócratas somos simplemente tolerados, en tanto non pretendamos romper co franquismo.