Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Queridos seivaneiros, faiseme duro escribir esta nota porque é para contarvos que este verán non sairei de xira e non farei ningún concerto. Hai uns 5 meses comecei con problemas nas mans que despois dalgunhas probas o resultado foi unha tenosinovitis. Despois de estar con varios especialistas, parece que este problema é unha somatizacion doutros que levo arrastrando moi tempo. A saúde mental é o mais importante que debemos coidar e moitas veces imos tapando tapando ata que o corpo diche: ata aqui, Susana! Vou ben, polo bo camiño pero aínda lonxe de poder dar no escenario o meu 100% ao que estades acostumados, o que merecedes e o que eu quero darvos sempre. Así que agora toca coidarse unha temporadiña. Como sei como me coidan sempre os meus seivaneiros, como sei como sodes, douvos as gracias anticipadas polas mensaxes de cariño que sei que escribiredes. Realmente sodes o mellor da miña profesión, sempre comigo, sempre ao meu lado, da miña man. Mándovos a todos miles de bicos e abrazos esperando vervos pronto para facelo personalmente. Agora toca coidarse. 🙏🏻💙

Susana Seivane.

https://www.facebook.com/SeivaneSusana

Tódalas fotos do Facebook Susana Seivane.