Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
  • Ciudad de origen
    Boiro
  • Descripción breve
    Cantora galega que ten participado en múltiples proxectos e que agora presenta o seu primeiro traballo como solista “Deserto de Centos”.
    2016
  • Biografía
    O seu contacto coa música comeza sendo moi nova da man do seu pai de quen aprende as súas primeiras cancións. Iníciase na música tradicional galega e o folk; con trece anos era a voz solista de Vai-te embora! a súa primeira formación. Ten contacto con proxectos musicais doutros xéneros como o funky. A súa versatilidade interpretativa lévana a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos colectivos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fia na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asociación Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk , Enrique Paisal, Sergio Tannus. Moi vencellada á creación de música para xente miúda colaborou ca Asociación de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No ano 2015 colaborou nos proxectos de música infantil Non hai berce como o colo editado por Kalandraka e Alegría da editorial Galaxia. Participou no filme do grupo canadiense “La Bottine Souriante” sobre a súa xira europea. Ao longo de dez anos foi a voz de Fia na Roca. Colaborou cos seus artigos de opinión na revista dixital Terra e Tempo. Ten colaborado ca Escola de Música de Boiro no seu programa de alafabetización musical para maiores. “Deserto de centos” é o nome do seu primeiro traballo como solista.