trio

Son Trío.

Publicado el 21 septiembre, 2020 | Artistas, Folk
 Crean músicas elegantes e contemporáneas que beben de moi variados estilos como clásica, jazz, folk, cantautor, bossa…
Unha formación que conta xa con diferentes premios e recoñecementos, formado por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello), unha rusa e dúas galegas namoradas de Galiza, tres mulleres que contan tamén con varios premios nas súas carreiras profesionais como músicas.
Son Trío veñen de crear e publicar o proxecto ‘Miña almiña’ con música orixinal e letra de Rosalía de Castro, un traballo cun son que elas mesmas definen como ‘moi orgánico e fresco’, e que está emocionando o público dos numerosos festivais e concertos nos que o están a presentar, cun repertorio que completan con versións propias de cancións populares galegas e tamén doutros poetas galegos.
https://www.facebook.com/sugarridopombo/

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *