Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Non está de máis lembrar de vez en canto de que as persoas artistas tamén comen e pagan facturas a diario. Entendemos que hai proxectos solidarios e benéficos nos que se pode colaborar de forma desinteresada e sen recibir nen un euro se a causa meréceo. E farano ledos.
Iso se, teñamos sempre presente que en moitas ocasións isa xente artista é a primeira que ten que cubrir as súas necesidades e non teñen ningunha seguridade de se o mes seguinte terán suficientes ingresos pra iso. Se vas chamar a un fontaneiro pensando que o tes que pagar, pensa o mesmo cando o fagas con alguén que vai exercer a súa profesión artística.
E asegúroche que, na súa maioría, son as persoas máis empáticas e solidarias que vas atopar, mais non abusemos desa xenerosidade.