Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Se nalgún momento,

cando precisei de axuda,
mudou en min o traxe en bondade que adoito levar,
culpo ao incerto desastre da miña mente en ruínas,
ao poderoso cabalgar dos xinetes da loucura.

Se nalgún momento,
cando bordeéi o abismo,
medrou en min a violencia inaúdita dun tornado que levou todo por diante,
culpo a un soño brumoso que resultaba incomprensible,
a unha realidade deformada e destruída,
a un medo con medidas de xigante.

E se agora,
con toda o alcance da miña man,
non consigo dominar os impulsos eléctricos da miña vontade,
non culpo a ninguén máis ca min,
porque xa estaba advertido.

https://www.facebook.com/simon.iglesias.3?lst=1253241583%3A1029391955%3A1526031265