simon

Simón Iglesias Posse: Poema.

Publicado el 23 octubre, 2017 | Literatura, Prensa

A dor na gorxa que estala e ruxe.
Laios ante a perspectiva
doutro mencer máis,ferido de gris.

Canso,estou canso de fuxir para chegar 
ao mesmo sitio de onde fuxía,
de loitar para alcanzar
un sorriso que apague as bágoas,
que silencie os berros alucinados que reptan
á superficie das cousas.

Inútil poema,
non quero o teu sangue,
non quero as túas mentiras benignas,
nin as túas verdades.

Tan só quero
un minuto de paz,
un novo anhelo.*

*destello

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *