• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

nido2

Tomi Desastre

 
 Probando son para o que será case seguro o último concerto deste 2020. Hoxe será a primeira vez que as cancións e poemas de “Los días de plomo” vivan o seu contacto cun pequeno grupo de asistentes a esta estrea.

O PASADO DOMINGO 27 DE DECEMBRO, SILVIA PENIDE, OFRECEU UN CONCERTO SOLIDARIO NO HOTEL NIDO, DE A CIDADE DA CRUNHA, A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN AFACO.

 

Silvia Penide presentou o EP “Los Días de Plomo” con cantigas e poemas creados na corentena.

A obra foi posibel grazas a unha Bolsa de creación artística do Concello da Crunha.
O EP inclúe un bonus track cunha colaboración absolutamente abraiante.

Silvia Penide dí adeus un ano complexo pra todo-lo sector cultural cun concerto
no apoio a outro sector especialmente afectado pola pandemia: o turismo. 
Será o domingo 27 ás 20.00 horas nas instalacións do Hotel Nido na céntrica rúa 
de San Andrés onde un pequeno grupo de privilexiados poderán gozar da presentación
dos poemas e cantigas do EP "Los Días de plomo": (Os días do chumbo) 
que se estrea no Xaneiro. As entradas esgotáronse pouco despois de que Silvia 
recibise a chamada. A entrada ao concerto é ceive mais ábrese a posibilidade de 
achegar a cantidade que cada persoa desexa doar no beneficio da asociación AFACO
da que Silvia era traballadora e auxiliar de enfermaría e que traballou durante
décadas pra axudar ás persoas con Alzheimer e as súas familias. Tamén é posibel
doar dende a ringleira cero. A conta é ES87 2103 4771 7600 3324 8420 e a entidade
titular é a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer.

O EP gravouse nos estudos Drum & Roll da Cruña e conta coa voz e composición de
Silvia, os teclados de Carla Álvarez, autora tamén da múseca que vai aos dous 
poemas que inclúe o disco e a guitarra e os arranxos por Paul Álvarez. 
Finalmente, as cantingas viaxaron a Madrid pra a súa mistura e masterización final.
En total haberá seis cortes dende que o EP feche coa cantiga que deu título ao seu
anterior disco "El efecto boomerang",o que valeulle o premio Martín Codax ao mellor
compositor(a), mais ista vez cunha colaboración estelar.
Iso non se revelará ata que se publique o álbum.
Unha voz extra que sumase a isa excelente cantiga.

O proxecto "Los Días de plomo" foi posibel grazas a unha bolsa de creación artística 
concedida recentemente polo Concello da Cruña a máis de trinta artistas locais de 
diversas disciplinas. O lanzamento en formato físico e nas plataformas dixitais 
será durante 2021.
A corentena, no que Silvia viviu soa co seu gato, foi a escea que inspirou ista
obra con temas que a artista crunhesa atopaba na televisión, como a historia do 
persoal sanitario dun hospital de Irán que usou os traxes EPI pra bailar, algo 
prohibido no seu país.

(Fotos cortesía Silvia Penide
Foto portada Silvia Penide e paul Alvarez no Hotel Nido.)