• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O libro Diferentes Diferenzas (con versión en galego , castelán e catalán) é o regalo perfecto definitivo para a rapazada que tedes ao voso redor este nadal. A pouco que lle saques un mínimo de partido aos textos de Silvia Penide e ás ilustracións de Emilio Urberuaga (o de Manolito Gafotas) lograrás que eses peques teñan un respeto e incluso admiración polas persoas “diferentes”. De verdade que é unha xenialidade e agardo que sirva para que abran as mentes e nunca miren por riba do ombreiro a ninguén, por peculiar que sexa.
Esta si que sería unha boa lectura obligatoria.
Que me dis destes amigos e amigas que sempre perden, a ainda así, nunca perden a ilusión?
‼️ALEGRÍA‼️

Onte chegou o meu libro para peques ilustrado por #EmilioUrberuaga e editado por Bululú á rúa.
Con distribución nacional podes mercalo en calquer lugar onde vendan libros.Prontiño máis novas!#DiferentesDiferenzasEditado en galego, castelán e catalán.Estou feliz, feliz, feliz..
De esquerda a dereita: Xosé Duncan e Silvia Penide.
VERBAS DE XOSÉ DUNCAN:
Unha das cousas máxicas de traballar nunha editorial é que, sen darte conta, te convertes nun forxador de ilusións e nun creador de soños. Sen sabelo, moldeas soños que alguén soñou e que precisan chegar a outros soñadores. E cando esas persoas soñadoras son tan diferentes e únicas como Silvia Penide, deixas de ser un creador e volves ser un neno pequeno que goza co que fai. Grazas, cara, por deixarme ser parte disto 😉
Silvia Penide é diferente. Hai dous días foi o Día das Escritoras, pero ela decidiu converterse en escritora, formalmente, no día de hoxe. Porque ela sabe que as súas diferenzas son o que a fan única, porque Silvia é marabillosa e, xunto coa arte inmensa de Emilio Urberuaga, crearon un libro tan fermoso coma este ❤️