Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Silvia Penide repite como Finalista nos Premios Martín Códax da música galega por segundo ano consecutivo.
 
Ademáis, este venres estrea nuevo proxecto en Compostela: Saca aos teus avós a bailar, xunto a Felix Arias. 
Mostrando Silvia Penide Animal de Compañia- M.jpgMostrando Silvia Penide Animal de Compañia- M.jpgMostrando Silvia Penide Animal de Compañia- M.jpg


O seu último traballo discográfico “Todo pintado de plata” segue sumando adeptos e afianzando a carreira de Penide. Na gala celebrada o pasado xoves na sede de Martín Codax en Cambados, foi nomeada, por segundo ano consecutivo, como finalista na categoría de Mellor Artista Pop Galega. A entrega de premios será no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro xoves 28 de abril.
 
E continúa a intensa xira de presentación do novo disco pero compatibilizando ese proxecto con outros que xurden na sua inquieta mente.
Este venres 15, as 20:30 horas estará no Espazo Artístico Vilamincha (rúa Fontiñas27, de Santiago de Compostela) xunto ao músico Felix Arias estreando un novo proxecto baixo o título: Saca aos teus avós a bailar. A idea principal consiste en ofrecer un repertorio de cancións que quedan na memoria colectiva xeración tras xeración e interpretala para un público no que se atopen no mesmo espazo netos, pais e avós. Este venres será unha especie de experimento. Silvia, ademáis de música e compositoria é tamén auxiliar de enfermería con ampla experiencia en terapias e coidados a personas maiores. Buscarán durante o directo a mellor atmósfera para que calquera persoa, de calquera idade, poda disfrutar da música.
 
A seguinte semán retoma a xira de presentación do disco, neste caso acompañada por TomTrovador que regrea a Galicia para facer catro concertos conxuntos: A Coruña (Garufa Club) o 21 de abril, en Vigo (Casa de Arriba)  o 22, en O Grove (El Nautico) o 23 e en Santiago de Compostela o 24 dentro do Santiautor 2016 (Sala Sonar).