Silvia Penide repite como Finalista nos Premios Martín Códax da música galega por segundo ano consecutivo.
Ademáis, este venres estrea nuevo proxecto en Compostela: Saca aos teus avós a bailar, xunto a Felix Arias.

O seu último traballo discográfico “Todo pintado de plata” segue sumando adeptos e afianzando a carreira de Penide. Na gala celebrada o pasado xoves na sede de Martín Codax en Cambados, foi nomeada, por segundo ano consecutivo, como finalista na categoría de Mellor Artista Pop Galega. A entrega de premios será no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro xoves 28 de abril.
E continúa a intensa xira de presentación do novo disco pero compatibilizando ese proxecto con outros que xurden na sua inquieta mente.
Este venres 15, as 20:30 horas estará no Espazo Artístico Vilamincha (rúa Fontiñas27, de Santiago de Compostela) xunto ao músico Felix Arias estreando un novo proxecto baixo o título: Saca aos teus avós a bailar. A idea principal consiste en ofrecer un repertorio de cancións que quedan na memoria colectiva xeración tras xeración e interpretala para un público no que se atopen no mesmo espazo netos, pais e avós. Este venres será unha especie de experimento. Silvia, ademáis de música e compositoria é tamén auxiliar de enfermería con ampla experiencia en terapias e coidados a personas maiores. Buscarán durante o directo a mellor atmósfera para que calquera persoa, de calquera idade, poda disfrutar da música.
A seguinte semán retoma a xira de presentación do disco, neste caso acompañada por TomTrovador que regrea a Galicia para facer catro concertos conxuntos: A Coruña (Garufa Club) o 21 de abril, en Vigo (Casa de Arriba) o 22, en O Grove (El Nautico) o 23 e en Santiago de Compostela o 24 dentro do Santiautor 2016 (Sala Sonar).